Saltar ao contido

Srđan Bajčetić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSrđan Bajčetić

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Zrenjanin, Serbia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1992–1994 FK Vojvodina
1994–1997   Celta de Vigo 29(3)
1995–1995 cesión Fudbalski Klub Crvena Zvezda 14(1)
1997–1998 Sporting Clube de Braga 17(5)
1998–2001 Fudbalski Klub Crvena Zvezda 50(4)
2001–2003 Dalian Shide 60(2)
2003–2004 Hunan Billows Football Club 25(3)
Familia
FillosStefan Bajčetić Editar o valor en Wikidata

Srđan Bajčetić (en serbio cirílico: Cpђaн Бajчeтић) nado en Zrenjanin (na República Federal Socialista de Iugoslavia, actual Serbia) o 7 de novembro de 1971, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de centrocampista e actual adestrador.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no FK Vojvodina, de onde o fichou para o Celta de Vigo o adestrador Carlos Aimar que xa o tentara fichar o ano anterior para o CD Logroñés. O primeiro ano foi cedido no mercado de inverno ao Estrela Vermella de Belgrado.

Xa de volta en Vigo tivo a súa oportunidade, sendo un fixo no once inicial co adestrador Fernando Castro Santos, porén unha grave lesión rompeu a súa progresión. Unha vez recuperado e finalizado o contrato co Celta fichou polo SC Braga, onde militou solo un ano.

No ano 1998 fichou polo Estrela Vermella de Belgrado serbio, tras tres tempadas chegoulle unha oferta do fútbol chinés e fichou polo Dalian Shide e despois polo Hunan Xiangjun, durante a súa experiencia na China proclamouse campión da primeira divisón dúas veces, tamén en dúas ocasión da Copa e chegou a semifinais da Copa de Campións de Asia[1].

Foi o segundo adestrador do Rápido de Bouzas, dirixido por Xurxo Otero[2]. Na actualidade, é adestrador do Gran Peña, o equipo C do Celta de Vigo. É o pai dos xogadores Stefan Bajčetić e Jovan Bajčetić.

  1. Xulio Vázquez (5 de xuño de 2009). "«Coincidí con Eusebio en el Celta, pero yo colgué las botas en China»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. "Bajcetic, segundo de Otero en el Rápido". Atlántico Diario (en castelán). 4 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2014.