Soiuz 21
Soiuz 21 | |
---|---|
Selo postal adicado á Soiuz 21 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 6 de xullo de 1976, 12:08 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 49,27 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 5.[2][6] |
Regreso | 24 de agosto de 1976, 18:33 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1976-064A |
Masa | 6750,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 21 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 6 de xullo de 1976 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz 21, cos cosmonautas Boris Volinov e Vitali Zholobov a bordo, foi lanzada para acoplarse á estación espacial militar Saliut 5. Os cosmonautas tiveron que facer o acoplamento a man ao fallar o sistema automático Igla. Tras case dous meses a bordo os dous tripulantes solicitaron o regreso a terra debido á mala condición física e psicolóxica do enxeñeiro Zholobov, que sufriu mareo espacial de maneira continua durante todo o voo. Máis tarde determinouse que ámbolos dous cosmonautas sufriran problemas psicolóxicos en órbita, non seguiran a súa rutina de exercicios físicos para manterse en forma e desenvolveron desexos irracionais de regresar a terra. Especulouse coa posibilidad de que o aire da estación fora contaminado con algunha substancia tóxica.[2][3][4][5]
A Soiuz 21 volveu a terra despois de case 50 días en órbita, aterrando a 200 km ao suroeste de Kokchetav o 25 de agosto de 1976 ás 18:33 GMT.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 21" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 21" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 6 September 1976 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (76-16916). 10 de setembro de 1976: 2. Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 21" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 21" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.