Saltar ao contido

Soñan os androides con ovellas eléctricas?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Soñan os androides con ovellas eléctricas?
Título orixinalDo Androids Dream of Electric Sheep?
Autor/aPhilip K. Dick
OrixeEstados Unidos de América
LinguaInglés
X��nero(s)Novela
Editorial Doubleday
Galicia Kalandraka
Data de pub. 1968
Galicia 2019
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas210
Premios
TraduciónFernando Moreiras
editar datos en Wikidata ]

Soñan os androides con ovellas eléctricas? (en inglés: Do Androids Dream of Electric Sheep?; retitulado como Blade Runner: Do Androids Dream of Electric Sheep? nalgunhas edicións) é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada por vez primeira en 1968. A novela está ambientada nun San Francisco postapocalíptico, onde a vida na Terra foi seriamente danada por unha guerra mundial nuclear. A maioría das especies animais están ameazadas ou extintas por mor da radiación, polo que posuír un animal é un sinal de status e empatía, unha actituda alentada cara ós animais. O libro serviu como base para o filme de 1982 Blade Runner, e moitos elementos e temas tamén foron usados para a secuela de 2017 Blade Runner 2049.

O argumento principal conta a historia de Rick Deckard, un cazarrecompensas que ten a misión de "retirar" (asasinar) seis androides modelo Nexus-6, ó tempo que unha trama secundaria segue a historia de Isidore, un home de categoría inferior que axuda os androides fuxitivos. Arredor da misión de Deckard, a novela explora os temas sobre o que quere dicir ser humano e se a empatía é unha habilidade exclusivamente humana.

Foi traducido ó galego por Fernando Moreiras e foi publicado pola Editorial Kalandraka no ano 2019.[1][2]

  1. "Primeira tradución de Philip K. Dick: A novela que inspirou Blade Runner publícase en galego". Sermos Galiza. 26 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 
  2. Kalandraka (ed.). "Soñan os androides con ovellas eléctricas? en Kalandraka". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 26 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]