Rudolf Christoph Eucken
Rudolf Christoph Eucken, nado en Aurich o 5 de xaneiro de 1846 e finado en Jena o 15 de setembro de 1926, foi un filósofo alemán, premio Nobel de Literatura en 1908.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou nas universidades de Gotinga e Berlín. Logo de traballar cinco anos como mestre nunha escola, en 1871 foi nomeado profesor de filosofía da Universidade de Basilea (Suíza), onde permaneceu ata 1874, ano en que foi nomeado profesor da Universidade de Jena (Alemaña), lugar no que permanecería ata a súa xubilación en 1920. En 1911 explicou filosofía en Inglaterra e entre 1912 e 1913 na Universidade Harvard.[Cómpre referencia]
Na súa doutrina mostrouse idealista: a alma do seu sistema foi a vida espiritual, cuxa manifestación absoluta é Dívos. O individuo alcanza a vida espiritual polo vencemento das forzas opoñentes do mal e revive o pasado no presente, tomando libremente daquel todo o que pode serlle útil na loita. Eucken chamou «activismo ético» a esta vida espiritual activa, non contemplativa.
Xunto con William James, Henri Bergson e outros pensadores do seu tempo, declarou a guerra ao «intelectualismo». A súa filosofía foi unha interpretación da vida como un todo, en que a relixión desempeña un papel predominante, aínda que nunca menosprezou o traballo intelectual e lóxico.
Obras
[editar | editar a fonte]Foi un escritor prolífico. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse:
- Die Methode der Aristotelischen Forschung (1872) (O método da investigación aristotélica)
- Die Lebensanschauungen der grosser Denker (1890) (O problema da vida humana visto polos grandes pensadores)
- Der Kampf um einen geistigen Lebensinhalt (1896) (Loita polo contido espiritual da vida)
- Der Wahrheitsgehalt der Religion (1901) (A verdade da relixión)
- Grundlinien einer neuen Lebensanschauung (1907) (Liñas fundamentais dunha nova concepción da vida)
- Der Sinn und Wert des Lebens (1908) (Sentido e valor da vida)
- Geistesleben (1909) (A vida do espírito)
- Können wir noch Christen sein? (1911) (Podemos ser cristiáns aínda?).
- Present Day Ethics in their Relation to the Spiritual Life (1913) (A ética actual en relación coa vida espiritual)
- Der Sozialismus und seine Lebensgestaltung (1920) (Socialismo: unha análise)
- Filósofos de Alemaña
- Escritores de Alemaña
- Premio Nobel de Literatura
- Escritores en lingua alemá
- Nados na Baixa Saxonia
- Nados en 1846
- Finados en 1926
- Alumnos da Universidade de Gotinga
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín
- Profesores da Universidade de Basilea
- Profesores da Universidade de Jena
- Premios Nobel de Alemaña