Rosa Miguélez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rosa María Miguélez Ramos 27 de agosto de 1953 (71 anos) Ferrol, España |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 | |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004 Lexislatura: V lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 | |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
16 de xaneiro de 1990 – 24 de agosto de 1993 Electa en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 | |
Alcaldesa de Ares | |
23 de maio de 1983 – 9 de xuño de 1987 – Manuel Rodríguez Doval → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Rosa María Miguélez Ramos, nada en Ferrol o 27 de agosto de 1953, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en filoloxía románica, cursou estudos de Bioloxía en Francia. Milita no PSdeG-PSOE, do que foi membro da comisión executiva como secretaria de participación cidadá e movementos sociais de 1988 a 1993.
Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ares e foi elixida alcaldesa, de 1991 a 1995 foi tenente de alcalde. Entre 1987 e 1989 foi Directora Xeral da Comisión Interdepartamental da Muller e xefa de Gabinete do Conselleiro de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 1989 e ata 1993 foi vicepresidenta da comisión de sanidade do Parlamento de Galicia.
De 1994 a 1999 foi asesora técnica da delegación do PSOE no Parlamento Europeo, ata que foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 e 2004. De 1999 a 2009 foi vicepresidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo e entre 2002-2003 vicepresidenta da Comisión Temporal sobre o Reforzamento da Seguridade Marítima. Ademais, de 1999 a 2004 foi vicepresidenta primeira da Comisión Temporal MARE pola catástrofe do Prestige.
Dende o 24 de xullo de 2009 é a presidenta da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA).
Popularmente é coñecida por ter sido albo dunha agresión física na cafetaría do Parlamento de Galicia en 1993, por parte da daquela militante do PPdeG Karina Falagan.[1]
Predecesor: José Cortiñas Gil |
Alcaldesa de Ares 1983 - 1987 |
Sucesor: Manuel Rodríguez Doval |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Latorre, Xavier (1993-07-21). "Una militante del PP golpea a una diputada del PSOE en el Parlamento gallego". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-10-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do Partido Socialista Europeo
- Ficha do Parlamento Europeo
- Entrevista Arquivado 14 de abril de 2014 en Wayback Machine. en El Correo Gallego
- Alcaldes de Ares
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Europarlamentarios de Galicia
- Nados en Ferrol
- Europarlamentarios do S&D
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Europarlamentarios de España (1999-2004)
- Europarlamentarios de España (2004-2009)
- Nados en 1953