Robert de Boron
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII Boron, Francia |
Morte | século XIII |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | século XII - século XIII |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Robert de Boron (tamén escrito "Bouron" e "Beron"), nado na aldea de Boron, na veciñanza de Montbéliard, foi un poeta francés dos séculos XII e XIII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobreviven dous poemas que Boron escribiu en versos octosilábicos: Joseph d'Arimathe ("Xosé de Arimatea"), e Merlin. Deste último consérvanse soamente algúns fragmentos e interpretacions posteriores en prosa. Crese que os poemas eran parte dunha obra de tres ou catro traballos, que destacaban as aventuras do rei Artur e a súa relación co Santo Graal. Posibelmente o terceiro era un poema dedicado a Perceval, e o cuarto á morte do rei Artur, co título Mort Artu.
Robert de Boron foi o primeiro autor que lle deu ao mito do Graal unha dimensión explicitamente cristiá. De acordo con Boron, Xosé de Arimatea usou a copa da última cea para recoller as gotas de sangue que Xesús de Nazaret derramou na cruz, e levou a copa a Ávalon (identificado con Glastonbury, en Inglaterra), onde o Graal estivo oculto até a chegada do rei Artur e o seu cabaleiro Perceval.
O que se sabe da vida de Boron deduciuse a través dos seus escritos. En Xosé de Arimatea, Boron refírese a si mesmo algunhas veces como cabaleiro (messires), e menciona que estaba ao servizo de Gautier de "Mont Belyal". Pierre Le Gentil cre que este personaxe era Gautier de Montbéliard, quen en 1202 participou na Cuarta Cruzada, e morreu en Palestina en 1212.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pierre Le Gentil, "Chapter 19: The Work of Robert de Boron and the Didot Perceval", Arthurian Literature in the Middle Ages, A Collaborative History, (ed. R.S. Loomis). Oxford: Clarendon Press, 1959.