Saltar ao contido

Rizoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema do rizoma de Polygonatum verticillatum. I e II sinalan o crecemento dos dous anos previos, III sinala o crecemento actual. Os números arábigos (1, 2, 3...) indican o nó ou lugar onde se achaba cada catáfila ou folla modificada, os espazos entre os números son os entrenós. K1, k2, indican a posición das xemas axilares que están inactivas (durmidas).
Rizoma de Phragmites australis.
Rizoma de Zingiber officinale ("xenxibre").

En bioloxía, un rizoma é un talo subterráneo con varias xemas que medra de xeito horizontal emitindo raíces e brotes herbáceos dos seus nós. Os rizomas medran indefinidamente, no curso dos anos morren as partes máis vellas mais cada ano producen novos brotes, podendo dese modo cubrir grandes áreas de terreo. As súas ramas engrosadas adoitan presentar entrenós curtos, teñen catáfilos incoloros e membranáceos, raíces adventicias e xemas.

Segundo o seu crecemento e ramificación, os rizomas poden clasificarse en simpódicas ou monopódicas. Os rizomas simpodiales son aqueles nos que cada porción corresponde ao desenvolvemento de xemas axilares sucesivas. A xema terminal de cada porción produce o brote. Exemplos deste tipo de rizoma son Sanseviera thyrsiflora e Paspalum nicorae.

Nos rizomas monopodiales, en cambio, a xema terminal continúa o crecemento indefinido do rizoma, mentres as xemas axilares orixinan os brotes. Este tipo de rizomas é característico de moitas especies invasoras ou malezas, tales como Sorghum halepense.

É un sistema de reprodución vexetativa común a moitas plantas, como Achimenes, Canna, Zantedeschia, lirio e xenxibre (Zingiber officinale). Os rizomas pódense dividir en anacos que conteñen unha xema polo menos cada un e plantar por separado. As plantas con rizomas son perennes, perden as súas partes aéreas en climas fríos conservando tan só o órgano subterráneo que almacena os nutrientes para a tempada seguinte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Font Quer, P. (1982). Dicionario de Botánica. 8ª reimpresión. Barcelona: Editorial Labor, S. a. ISBN 84-335-5804-8. 
  • Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. Tratado de Botánica. 2dá. edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p.
  • Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]