Saltar ao contido

Radiados

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Radiados

Chrysaora jelly, un radiado

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Radiata
Filos

Os radiados (Radiata) son un taxon de clasificación incerta empregado antigamente para aglutinar a algúns animais eutometazoos, habitualmente en oposición aos pertencentes a Bilateria, é dicir, poñendo énfase na presenza dunha simetría radiada en vez de bilateral no adulto.

Características

[editar | editar a fonte]

O nome de radiados fai referencia a simetría radial. Agrupa aos eumetazoos máis primitivos, formados por tecidos incipientes que os diferencian do grupo das esponxas que so posúen unha organización de tipo celular sen chegar a formar verdadeiros tecidos.

O celenterón ou cavidade gastrovascular é unha das principais novidades deste grupo animal no proceso da evolución. A presenza dunha cavidade dixestiva ao servizo de toda a comunidade celular favoreceu moito o proceso da evolución dos metazoos. Non posúen proctodeo nin se chega a formar ano.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Thomas Cavalier-Smith definiu en 1983 a Radiata como un subreino que albergaba aos phyla Porifera, Myxozoa, Placozoa, Cnidaria e Ctenophora; isto é, a todos os animais non pertencentes a Bilateria.

En cambio, a clasificación de Lynn Margulis en cinco reinos só incluía a Cnidaria e Ctenophora nos radiados; o elemento definitorio aquí, ademais da simetría, é o número de láminas embrionarias: inclúe só aos animais diblásticos, é dicir, con endoderma e ectoderma, e exclúe aos monoblásticos, parazoos, como os poríferos.

O emprego das características da simetría radial, especialmente a pentarradiada, en taxonomía e sistemática presenta os seus inconvenientes. Existen multitude de converxencias evolutivas en animais de calquera nivel na escala filoxenética: por exemplo, os Anthozoa, que non son equinodermos basais, e que presentan dita simetría, non pertencen ao grupo Radiata. De feito, a súa larva posúe simetría bilateral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Meglitsch, P.A Zoología de invertebrados, 2ª edición. Ed.Pirámide, Madrid 1986 pp. 116–117 ISBN 84-368-0316-7

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]