83ª edición dos Óscar
A 83ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2010 dos Estados Unidos e celebrouse o 27 de febreiro de 2011, no Teatro Kodak do distrito de Hollywood nos Ánxeles (California). Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. Os actores James Franco e Anne Hathaway co-presentaron a cerimonia, sendo a primeira vez para cada un.
Como eventos relacionados, a Academia a súa segunda cerimonia anual dos Premios Gobernadores no Grand Ballroom de Hollywood and Highland Center o 13 de novembro de 2010. O 12 de febreiro de 2011, nunha cerimonia no Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, os Óscar á técnica foron presentados por Marisa Tomei.[1]
The King's Speech gañou catro premios, todos en categorías maiores: Mellor filme, Mellor director, Mellor actor e Mellor guión orixinal. Orixe tamén gañou catro premios, todos en categorías técnicas.[2] Os outros gañadores foron The Social Network con tres premios e Alice in Wonderland, The Fighter e Toy Story 3, con dous premios cada un. Ademais, Black Swan, In a Better World, Inside Job e The Wolfman recibiron cadanseu premio;[3] os filmes non ficticios de God of Love, The Lost Thing e Strangers No More gañaron en cada unha das súas categorías específicas. A cerimonia tivo preto de 38 millóns de espectadores (só en América do Norte).
Gañadores e nomeados
[editar | editar a fonte]Os nomeados da 83ª edición dos Óscar foron anunciados o 25 de xaneiro de 2011 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Mo'Nique.
Os filmes que recibiron máis nomeamentos foron The King's Speech con doce, seguido de Valor de lei con dez. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 27 de febreiro de 2011.[4][5][6]
Premios
[editar | editar a fonte]







Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[7]
Premios da Academia Honoríficos
[editar | editar a fonte]A academia celebrou a súa segunda cerimonia anual Premios Gobernadores o 13 de novembro de 2010, na que foron presentados os seguintes premios.[8][9][10]
Oscar honorífico
[editar | editar a fonte]Premio en memoria de Irving G. Thalberg
[editar | editar a fonte]Predecesor: 82ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 83ª edición dos Óscar |
Sucesor: 84ª edición dos Óscar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O'Neil, Tom. "Marisa Tomei to host Sci-Tech Oscars". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "Oscars 2011: as it happened". Daily Telegraph. 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "Oscars 2011: The King's Speech reigns". BBC News. 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "Nominees & Winners for the 83rd Academy Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "List of Academy Award nominations". CNN. 25 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2011.
- ↑ "The King's Speech Conquers The Oscars". MTV (MTV). 28 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2011. Consultado o 26 de abril de 2011.
- ↑ "The 83rd Academy Awards (2011) Nominees and Winners". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "Brownlow, Coppola,Godard and Wallach to Receive Academy’s Governors Awards". AMPAS. AMPAS. Consultado o 27 de abril de 2011.
- ↑ "Honorary Academy Awards – Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "Irving G. Thalberg Memorial Award – Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012.