Saltar ao contido

O Porriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Porriño»)
Modelo:Xeografía políticaO Porriño
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°09′43″N 8°37′13��O / 42.1619, -8.6202
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalO Porriño Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación20.562 (2023) Editar o valor en Wikidata (331,65 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie62 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude109 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlejandro Lorenzo Alonso (2021–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais no Porriño Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36400 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36039 Editar o valor en Wikidata

Páxina weboporrino.org Editar o valor en Wikidata

O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2018 tiña 19.740 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porriñés».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co municipio de Mos, ao noroeste co de Vigo, ao oeste co de Gondomar, ao sur co de Tui, ao sursueste co de Salceda de Caselas e ao leste co de Ponteareas.

Medio ambiente

[editar | editar a fonte]

O Porriño sofre unha deterioración medioambiental dende principios do século XX, que se está intentado paliar[1].

Na actual localización dos parques industrias do concello estendíase un enorme ecosistema de lagoas, hábitat de moitas especies. A maioría deste territorio foi secado e recheado do que só se conserva o espazo natural das Gándaras de Budiño. Neste lugar atópanse especies vexetais e animais. Na fauna destaca o sapoconcho galego e a erceta común. Na flora destaca a presenza dunha planta carnívora, a orballiña (Drosera rotundifolia).

O río Louro ademais, que atravesa esta zona e a propia vila do Porriño, está moi contaminado[2]. Tamén as canteiras supoñen un forte impacto paisaxístico e acústico.

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2018 19.740 habitantes
Menores de 15 anos 3.133 (15.87 %)
Entre 15 e 64 anos 13.455 (68.16 %)
Maiores de 65 anos 3.152 (15.96 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2018

No municipio encontráronse abundantes vestixios do Paleolítico e da Idade de Bronce, especialmente na parroquia de Budiño, o que evidencia unha moi temporá ocupación do territorio. O xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño e o gravado rupestre do Monte Castelo son, de feito, os dous bens de interese cultural declarados no concello.[3]

Rectángulo escavado no xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño, onde se atoparon útiles de pedra tallada, duns 300.000 anos de antigüidade.

Durante a Idade Media o réxime señorial estivo fortemente consolidado no Porriño, dominado por castelos dos que hoxe apenas se conservan restos: os castelos de Mirabel e Orbenlle e a fortaleza de Erbilone.

O Porriño naceu como poboación de cruzamento de camiños, situado ademais na ruta de peregrinación a Santiago dende Portugal.

Formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdición do Porriño, dependente do Conde de Salvaterra do Miño, agás Budiño con xurisdición propia dos veciños.

Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do Partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estrutura superficial. Con posterioridade, en 1904, creouse a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Escultura de Suso Balado en homenaxe aos canteiros da zona.

En 2007, o Concello do Porriño promoveu unha votación popular para escoller sete lugares destacados no municipio, as sete marabillas do Porriño. As escollidas, por esta orde, foron as seguintes:

  • Faro de Budiño, un monte formado por enormes penas de granito con paredes case verticais, visible dende todo o val da Louriña.
  • Casa do Concello, un edificio construído entre 1921 e 1924 en estilo rexionalista. O seu autor é o arquitecto porriñés Antonio Palacios. A casa do concello do Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre ameada, a profusión de vans e a rica ornamentación. O edificio ardeu no ano 1976, destruíndose o seu interior na práctica totalidade. A reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e levou á ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.
  • Gándaras de Budiño, unha zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira. Forma parte da Rede Natura 2000.
  • Roteiro da rocha e a auga en Carracido, un percorrido circular duns 4 quilómetros no que se atopan penedos, zonas arboradas, muíños, lavadoiros etcétera.
  • Muíños de auga das parroquias, elementos do patrimonio popular espallados polas sete parroquias, máis de corenta atópanse restaurados.
  • A Risca, zona de 10 hectáreas dentro do monte Gulpilleira do Porriño, con abundantes penedos de formas singulares e boas vistas sobre o val.
  • Fonte do Cristo, outra obra de Antonio Palacios, inaugurada en 1905, de estilo ecléctico e carácter vertical, combina a pedra co ferro e a louza.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

O alcalde do concello do Porriño é Alejandro Lorenzo Alonso, do PPdeG. Acadou a alcaldía en 2021 trala dimisión de Eva García de la Torre, do PSdeG-PSOE.

Tralas eleccións municipais de 2015, Eva García de la Torre acadou a alcaldía cos votos dos catro concelleiros do PSdeG-PSOE, dos dous concelleiros de UDDL (que entraron a formar parte do goberno municipal), dos dous concelleiros do BNG e o concelleiro de EU-Son. Nos comicios de 2019 volveu ser elixida alcaldesa cos votos de PSdeG-PSOE (4), SON En Común (2), BNG (2) e UDDL (1). O goberno quedou formado polos concelleiros de PSdeG e BNG. Porén, as diferenzas entre SON En Común e a alcaldesa levaron a Eva García de la Torre a presentar a súa dimisión en novembro de 2021. No pleno da investidura o concelleiro de UDDL abstívose, polo que a alcaldía recaeu no candidato do PPdeG, Alejandro Lorenzo Alonso[4].

O concello de Porriño estrutúrase en diferentes concellerías: de cultura e normalización lingüística, de servizos municipais: deportes, mocidade, transportes e alumeado público; de medio ambiente; de benestar social e participación cidadá, de promoción económica, turismo e comercio e policía local; e de obras. O concello celebra plenos ordinarios cada mes, aínda que con frecuencia celébranse plenos extraordinarios, co fin de debater temas e problemas que afectan ao concello.

Elecciones municipais, 25 de maio de 2003[5]
Partido Votos % Concelleiros
PP 4.056 38,00% 7
IDP 3.060 28,67% 5
BNG 1.981 18,56% 3
PSdeG-PSOE 1.457 13,65 % 2
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[6]
Partido Votos % Concelleiros
BNG 2.916 27,99 % 5
PP 2.383 22,87 % 4
CxP 1.861 17,86 % 3
PSdeG-PSOE 1.629 15,63 % 3
IP 1.221 11,72 % 2
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[7]
Partido Votos % Concelleiros
PP 6.051 57,13 % 10
BNG 2.787 26,31 % 5
PSdeG-PSOE 1.156 10,91 % 2
Eleccións municipais, 25 de maio de 2015[8]
Partido Votos % Concelleiros
PP 4.067 39,61 % 8
PSdeG-PSOE 2.133 20,78 % 4
UDDL 1.310 12,76 % 2
BNG 1.231 11,99 % 2
EU-Son 697 6,79 % 1
Eleccións municipais, 26 de maio de 2019[9]
Partido Votos % Concelleiros
PP 4.482 41,56 % 8
PSdeG-PSOE 2.664 24,70 % 4
SON EN COMUN 1.152 10,68 % 2
BNG 1.112 10,31 % 2
UDDL 785 7,28 % 1

Economía

[editar | editar a fonte]
Mercado de 1970 deseñado por Xosé Bar Boo.
Canteira de granito Rosa Porriño, Atios.

O concello do Porriño conta cunha importante industria, grazas principalmente á súa situación nun importante nó de comunicacións próximo á cidade de Vigo e a Portugal. A puxanza industrial do municipio tivo como precursores a instalación no Porriño en 1924 de Marucoga (primeiro matadoiro cooperativo de Galicia) e en 1939 da química Zeltia.

Na actualidade, o granito extraído das canteiras deste municipio, coñecido como "rosa porriño", é transportado a mercados internacionais dende o Porto de Vigo. Nos últimos anos aumentou notablemente a capacidade transformadora da industria graniteira, que agora incluso importa materias primas doutros países para a súa elaboración.

O municipio conta ademais con dous parques industriais, As Gándaras e A Granxa, e un tecido empresarial bastante diversificado, no que destacan as industrias químico-farmacéutica (grupo Zendal), da automoción, alimentación e loxística. No Porriño teñen a súa sede dous dos centros tecnolóxicos punteiros de Galicia: o CTAG (Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia) e Aimen (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste).

Esta puxanza industrial sitúano como o terceiro concello con máis capacidade industrial da provincia de Pontevedra[Cómpre referencia], o primeiro en relación coa súa poboación. A pesar disto, mantén unha taxa de desemprego lixeiramente superior á media galega[Cómpre referencia].

Varios dos equipos de fútbol do concello son o Porriño Industrial Club de Fútbol, Unión Deportiva Atios e Club Deportivo Pontellas, os tres de división preferente autonómica na tempada 2014-15. No balonmán está o Club Balonmano Porriño.

No ano 1999 celebrouse no concello o Campionato de España de Ciclocross.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes do Porriño.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Porriño

Atios (Santa Eulalia) | Cans (Santo Estevo) | Chenlo (San Xoán) | Mosende (San Xurxo) | Pontellas (Santiago) | O Porriño (Santa María) | San Salvador de Budiño (San Salvador) | Torneiros (San Salvador)


Lugares do Porriño

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Porriño vexa: Lugares do Porriño.

  1. Plan Especial - O Porriño
  2. A pinga que colma o vaso do estragado río Louro
  3. "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  4. "El PP arrebata la alcaldía de O Porriño al PSOE al abstenerse un edil que es asesor socialista". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-12-23. Consultado o 2022-03-20. 
  5. Eleccións municipais de 2003
  6. Eleccións municipais de 2007
  7. "Eleccións municipais de 2011". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  8. "Eleccións municipais de 2015". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  9. "Consulta de resultados electorales. Ministerio del Interior". www.infoelectoral.mir.es. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2019. Consultado o 2021-05-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.