Saltar ao contido

Piragua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha piragua sobre o río Níxer en Malí.
Vídeo de xente navegando en piraguas (Níxer).

Unha piragua é calquera embarcación tripulada por un ou varios individuos que se impulsa por medio de pa (non de remo ou remos).[1] A diferenza co remo é que a pa non vai fixada, ligada ou unida á propia embarcación, senón só nas mans de quen a manexa.

Ademais, nas embarcacións de remo ou remos quen impulsa a embarcación adoita ir encarado á popa (como en barcas, esquifes, traiñeiras, galeras, birremes, trirremes etc.), é dicir, avanza de costas, mentres nas piraguas navégase de fronte.

O termo piragua, segundo a Federación Galega de Piragüismo,[2] engloba á canoa e ao kaiak.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piragua.
  2. "Páxina web da Federación Galega de Piragüismo". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]