Patrick Tambay
(1983) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Daniel Patrick Tambay 25 de xuño de 1949 XIV Distrito de París (Francia) |
Morte | 4 de decembro de 2022 (73 anos) Niza (Francia) |
Causa da morte | párkinson |
Member of the departmental council of Alpes-Maritimes (en) | |
2 de abril de 2015 – 4 de decembro de 2022 Lexislatura: 2015-2021 term (departments of France) (en) Circunscrición electoral: canton of Le Cannet (en) | |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, político, xornalista, piloto de Fórmula Un |
Partido político | Unión por un Movemento Popular |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Patrick Daniel Tambay[1], nado en París o 25 de xuño de 1949 e finado o 4 de decembro de 2022,[2] foi un piloto de carreiras francés. Competiu en 123 Grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, gañando dúas veces, logrando 5 poles e anotando un total de 103 puntos no Campionato. En 2006, competiu na tempada inaugural da fórmula GP Masters para pilotos retirados da Fórmula Un, e continuou na serie en 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao principio da súa carreira, Tambay formou parte do equipo de Fórmula 5000 dirixido por Carl Haas.[3]
En 1977, gañou o campionato Can Am con Haas,[4] Tambay debutou na Fórmula Un con Surtees, pilotando nunha soa carreira no Gran Premio de Francia de 1977 antes de correr o resto da tempada con Theodore. O equipo, en colaboración con Ensign, corría co seu chasis N177. Os resultados foron frutíferos e McLaren fichouno para as tempadas 1978 e 1979. En 1980, regresou a Can Am co equipo Lola dirixido por Carl Haas,[4] gañando o seu segundo campionato Can-Am.
En 1981 regresou á F1, primeiro pilotando para o equipo Theodore para terminar a tempada con Ligier. En 1982, ofrecéronlle un lugar na Scuderia Ferrari logo da morte de Gilles Villeneuve. Gañou o seu primeiro Gran Premio no Gran Premio de Alemaña logo da grave lesión de Didier Pironi na práctica. O GP de Alemaña era a súa cuarta carreira co equipo de Maranello. Gañou o seu segundo e último Gran Premio en 1983 en Imola, nunha vitoria moi emotiva fronte aos fieis tifosis italianos, pilotando o Ferrari 27 (o número do coche de Villeneuve) logrou á vitoria logo de que Riccardo Patrese estrelara o seu Brabham a só 6 voltas do final. Foi substituído polo equipo en 1984 en favor do italiano Michele Alboreto. Tambay marchou a Renault, ficando alí ata 1985. Coa disolución do equipo francés, que retornaría en 2002, Tambay fichou polo equipo Haas Lola en 1986.
En 1987, Tambay fundou a súa propia compañía de promoción do deporte en Suíza, deixouna en 1989 para volver á competición. En 1989, pilotou un Jaguar no Campionato Mundial de Resistencia e terminou cuarto nas 24 Horas de Le Mans. A continuación, déuselle polos rallyes no deserto, terminando dúas veces entre os tres primeiros no Rally Dakar. Ademais, tamén participou en carreiras sobre xeo e na carreira de jet sky Tour de Corse.
Tambay participou activa pero brevemente co equipo Larrousse, en 1994 en asociación co seu amigo e socio nos negocios Michael Golay. Pero ao final da tempada de 1994, a empresa Fast Group SA propiedade de Tambay e Golay terminou a súa participación co equipo.
Desde que se retirou da competición, Tambay traballou como comentarista para a televisión francesa. Tamén foi concelleiro en Le Cannet, un suburbio de Cannes.
El foi o padriño do Campión do Mundo de 1977 Jacques Villeneuve. O seu fillo Adrien actualmente[cando?] está competindo no campionato DTM.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ FIA Year Book of Automobile Sport 1979. Patrick Stephens Ltd. white p. 44. ISBN 0-85059-320-4.
- ↑ "Patrick Tambay, ancien pilote de F1, est mort". lequipe.fr (en francés). 4 de decembro de 2022. Consultado o 4 de decembro de 2022.
- ↑ Shav Glick. Los Angeles Times. "For Carl Haas, It's a Working Weekend The Only Fun in Racing Is Winning, Says the Man Who Runs Andretti's Team" 14 August 1986. http://proquest.umi.com.proxy.foley.gonzaga.edu:2048/pqdweb?index=7&did=64426615&SrchMode=1&sid=5&Fmt=3&VInst=PROD&VType=PQD&RQT=309&VName=PQD&TS=1204189155&clientId=10553 Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ 4,0 4,1 Potter, Steve. New York Times "Can Am Struggling in Revival" 29 June 1980. http://proquest.umi.com.proxy.foley.gonzaga.edu:2048/pqdweb?index=22&did=935651911&SrchMode=1&sid=5&Fmt=3&VInst=PROD&VType=PQD&RQT=309&VName=PQD&TS=1204188633&clientId=10553 Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrick Tambay |
- Pilotos de Fórmula 1 de Francia
- Pilotos de Fórmula 1 de Surtees
- Pilotos de Fórmula 1 de Ensign
- Pilotos de Fórmula 1 de McLaren
- Pilotos de Fórmula 1 de Theodore
- Pilotos de Fórmula 1 de Ligier
- Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari
- Pilotos de Fórmula 1 de Renault
- Pilotos de Fórmula 1 de Lola
- Pilotos das 24 Horas de Le Mans
- Pilotos do Rally Dakar
- Nados en 1949
- Nados en París
- Finados en 2022