Saltar ao contido

Pasiflora azul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Passiflora caerulea»)
Pasiflora azul

Detalle da flor da paixón en Oleiros.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Violales
Familia: Passifloraceae
Xénero: Passiflora
Especie: P. caerulea
Nome binomial
'Passiflora caerulea'
L.

A pasiflora azul[1] (Passiflora caerulea) é a planta máis común dentro do seu xénero (Passiflora), orixinalmente nativa de América do Sur. Malia ter unha orixe tropical e subtropical, é máis resistente ás baixas temperaturas ca outras especies do mesmo xénero, como é o caso do maracuxá (Passiflora edulis). Por este motivo, está bastante diseminada por Europa, así como naturalmente nas rexións de orixe.

Froito de pasiflora azul

Esta planta úsase máis en xardíns con fins ornamentais que para fins de frutificación. Isto débese ás súas características de rubideira, coa función de cobertura de muros e sebes. En detrimento, a súa función frutífera é posta en segundo plano, xa que os froitos (chamados froitos da paixón), malia seren comestíbeis (casca laranxa cunha polpa avermellada), son pouco saborosos e sen cheiro.

É común nos xardíns galegos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha rubideira lígnea capaz de gabear até os 15–20 m de altura, se ten árbores ou algún outro elemento dispoñíbel como soporte.

Ten follas alternas, palmadas, pentalobuladas como unha man aberta (ás veces varía desde tres a sete lóbulos), 10–18 cm de lonxitude e largo. A base de cada cada tiene un gabián flaxelado enroscado de 5–10 cm de largo, que lle permite ir afacéndose á vexetación de soporte.

A flor é complexa, de arredor de 10 cm de diámetro, con cinco sépalos e pétalos semellantes en aparencia, abrancazados, sobremontados por unha corola de filamentos azuis ou violáceos, 5 estames verde amarelentos, 3 estigmas purpúreos. En clima tropical florea todo o ano.

O froito, froita da paixón, ás veces tamén chamado maracuxá (non confundir co froito da especie P. edulis) é unha drupa oval de cor laranxa amarelenta duns 6 cm de longo por 4 cm de diámetro, que contén numerosas sementes. Este froito constitúe o alimento de numerosos mamíferos e aves, os cales espallan as sementes.

Mundialmente cultivada. Medra mellor en solos ricos, ben drenados, con semisombra e provistos dun soporte (valado, rede, parreira, pérgola). As regas deben ser regulares polo verán. Medra axiña, gabeando grazas aos seus gabiáns, chegando a formar matas mestas.

É a especie máis rústica do xénero, resiste temperaturas de entre -10 a -15 °C. As xeadas severas matan a parte aérea, mais pode rexenerar botando rebentos da base.

Froito da paixón.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Propágase por semente ou esgallos. Son susceptíbeis a cochinillas, pulgóns e ácaros.

Aínda que o froito é comestíbel, é pouco saboroso se se consome cru. Coas follas e flores fanse infusións. Non posúe efectos secundarios depresivos, ofrece resultados no tratamento da histeria, neurastenia, alcoholismo, angustia, palpitacións, epilepsia e disturbios da menopausa, e en xeral en todos os casos de grande excitación, alivia estrés e ansiedade.[2]

A acción da pasiflora azul débese ao seu sinerxismo entre os alcaloides: harmina, harmane e harmol; un composto ciánico, catechol, pectina e derivados flavonoides. Un isómero da harmina, a harmalina, tense usado con éxito no tratamento do párkinson.[2]

Empréganse os gabiáns e outras partes aéreas para tinturas como sedante, especialmente para axudar a coller o sono. Contén β-carbonila entre un 0,1 ao 0,4%

Cultivares

[editar | editar a fonte]
  • Chinensis. Filamentos da corola azul pálido.
  • Constance Elliott. Foi cultivada por Kucombe e Prince en Exeter, Gran Bretaña. Puramente branca, flores recendentes. Non é de floración libre como moitos outros clons.
  • Grandiflora. Flores de 20 cm de diámetro.
  • Hartwiesiana. Flores brancas.
  • Regnellii. Filamentos moi longos.

A especie ten sido empregada para crear numerosos híbridos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pasiflora.
  2. 2,0 2,1 Pasionaria (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]