Saltar ao contido

Orquídea púrpura grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A orquídea púrpura grande, Orchis purpurea,[1] é unha especie de hábito terrestre da familia das orquídeas que se distribúe pola Europa mediterránea e noroeste de África.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Orchis purpurea, planta.
Ilustración.

As follas son oblongas cunha lonxitude de 8 centímetros, xeralmente con manchas máis ou menos uniformes de cor purpurea marrón escura. Tamén presenta brácteas foliares (entre tres e catro) que envolven o talo na maior parte da súa lonxitude. As follas medran dende os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides.

O talo da inflorescencia que é erecta en espiga con forma oblonga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O talo ten de 7,5 a 12,5 cm de lonxitude. Presenta unha floración en forma oblonga con flores pequenas (8 a 18) . O tres sépalos son iguais en tamaño de cor púrpura escura con raias dispersas de púrpura máis clara case branca converxentes cara ao ápice. Os sépalos están solapados polos lados, formando unha gorra lixeiramente bombeada no centro que cobre a columna. O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes é de cor púrpurea esbrancuxada. O labelo de forma trapezoidal presenta tres lóbulos. O central presenta unha indentación non moi profunda no ápice que o divide á súa vez en dous lóbulos, estando todo o bordo festonado e de cor púrpura máis intensa. O lóbulo central é notoriamente máis grande e máis ancho que os dous lóbulos que hai un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara a fóra e cara arriba. Todo o labelo está manchado de motas de cor púrpura intensa. Ten ademais dous pétalos moi reducidos que non se aprecian e están dentro da flor. Florece dende marzo até xuño. A cor pode variar desde esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Desenvólvese en prados e terreos de tendencia aceda, á luz solar directa ou media sombra. Distribúese no Mediterráneo e noroeste de África.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Orchis purpurea foi descrita por William Hudson e publicada en Flora Anglica 334. 1761.[2]

Etimoloxía

Estas orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.

purpurea: epíteto latino que significa de cor púrpura, que se refire á coloración púrpura da flor.

Híbridos na natureza con Orchis purpurea
Orchis purpurea var. alba, planta.



Sinonimia

Orchis fuscata Pall. 1773 Orchis fusca Jacq. 1776 Orchis moravica Jacq. 1785 Orchis militaris Hornem. 1806 Strateuma grandis Salisb. 1812 Orchis maxima K.Koch 1846 Orchis caucasica Regel 1868 Orchis lokiana H.Baumann 1982

  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. "Orchis purpurea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press.
  • Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por MIT Press.
  • Williams, N. H. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110., 1972