Occitania (rexión administrativa)
Occitanie (fr) La Région Occitanie / Pyrénées-Méditerranée (fr) Occitània (oc) | |||||
Alcume | Pyrénées-Méditerranée | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Capital | Tolosa | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.022.176 (2021) (82,81 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 72.724 km² | ||||
Punto máis alto | Viñamala (3.299 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Carole Delga (pt) (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-OCC | ||||
Código NUTS | FRJ | ||||
INSEE region code (en) | 76 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Prefectura de Kyoto (2015–) | ||||
Páxina web | laregion.fr | ||||
Occitania (en francés: Occitanie, en occitano: Occitània, en catalán: Occitània)[1] é unha das 13 rexións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa. A súa capital e cidade máis poboada é Tolosa, mentres que a segunda cidade máis poboada da rexión, Montpellier, retén varias administracións.
No 2015 tiña 5 774 185 de habitantes e unha superficie de 72 724 km², sendo a segunda rexión máis extensa, por detrás de Nova Aquitania. Está localizada ó sueste do país, limitando ó norte con Auvernia-Ródano-Alpes, ó nordeste con Provenza-Alpes-Costa Azul, ó leste co golfo de León (mar Mediterráneo), ó sur con Andorra e España e ó oeste con Nova Aquitania.
Foi creada pola reforma territorial de 2014 coa fusión das anteriores rexións de Languedoc-Rosellón e Mediodía-Pireneos e entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2016.
Está dividida en 13 departamentos: Alta Garona, Altos Pireneos, Ariège, Aude, Aveyron, Gard, Gers, Hérault, Lot, Lozère, Pireneos Orientais, Tarn e Tarn e Garona.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A rexión tivo dende o 2014 ata mediados do 2016 o nome temporal de Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos (en francés, Languedoc-Roussillon-Midi-Pyrénées), que foi un termo combinado baseado na suma alfabeticamente ordenada dos nomes das antigas rexións de Languedoc-Rosellón e de Mediodía-Pireneos.
O 24 de xuño de 2016, xusto na data límite do 1 de xullo, o Consello Rexional da rexión adoptou o nome de Occitania (en francés, Occitanie) despois dunha longa consulta pública. O nome procede da rexión histórica e lingüística de Occitania, máis grande que a nova rexión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Décret n° 2016-1264 du 28 septembre 2016 portant fixation du nom et du chef-lieu de la région Occitanie". JORF n°0227 (en francés). Secrétariat général du gouvernement. 29 de setembro de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2016.