Saltar ao contido

Orixe de replicación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ORI»)

Unha orixe de replicación (máis coñecido coma ORI) é o lugar concreto do ADN onde se inicia a replicación. Trátase, polo tanto, dunha determinada secuencia de nucleótidos a partir da cal desenvólvese unha forquita de replicación que dará lugar ás dúas cadeas idénticas de ADN resultantes.

Nos organismos procariotas adoita atoparse unha única orixe de replicación no seu ADN, mentres que nos eucariotas atópanse normalmente múltiples orixes en cada cromosoma, o que permite unha velocidade razoable de replicación das longas cadeas de ADN destes organismos. Esta multiplicidade de orixes nunha cadea conforma as denominadas burbullas de replicación.

Bibliografía básica

[editar | editar a fonte]
  • Klug, W. S., et al, Conceptos de Xenética, 8ª ed. Pearson Educación, 2006. ISBN 84-205-5014-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]