Orbital Debris Radar Calibration Sphere
Aparencia
(Redirección desde «ODERACS»)
Orbital Debris Radar Calibration Sphere ou ODERACS foi o nome dunha serie de satélites pasivos de diferentes tamaños para calibración de radar.[1][2][1]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites ODERACS foron liberados en diferentes misións do transbordador espacial Discovery. Tratábase de pequenas esferas de entre 10 e 15 cm de diámetro soltadas en órbita baixa coa finalidade de servir de calibración para os radares de detección de lixo espacial.[1][2]
Foron tres as misións nas que se liberaron satélites ODERACS:[1][2]
- STS-53, o 2 de decembro de 1992.
- STS-60, o 3 de febreiro de 1994, liberando ODERACS A a F.
- STS-63, o 3 de febreiro de 1995, liberando ODERACS 2A a 2F.