Orde do Imperio Británico
Aparencia
(Redirección desde «OBE»)
A Excelentísima Orde do Imperio Británico é unha orde de cabalería británica, instituída o 4 de xuño de 1917 polo rei Xurxo V. A orde outórgaa o rei ou a raíña de Inglaterra a todos aqueles que fixesen algo significativo no nome do Reino Unido.
Ten cinco categorías:
- Cabaleiro da Gran Cruz ou Dama da Gran Cruz, (GBE) (Knight Grand Cross or Dame Grand Cross)
- Cabaleiro Comendador ou Dama Comendadora (KBE or DBE) (Knight Commander or Dame Commander)
- Comendador (CBE)
- Oficial (OBE)
- Membro (MBE)
As siglas dos títulos colócanse despois dos apelidos en inglés.
Vestimentas e distintivos
[editar | editar a fonte]Grandes ocasións
[editar | editar a fonte]Reunións da Orde ou coroacións:
- A capa: lucida polos Cabaleiros e Damas da Gran Cruz, feita en satén de cor rosa con liñas en gris perla. No costado esquerdo ten bordada a estrela.
- O colar: lucido nada máis polos Cabaleiros e Damas da Gran Cruz, está feito de ouro. Consiste en seis medallóns co escudo real, alternado con seis medallóns co monograma real. A insignia colga do colar.
Outras ocasións
[editar | editar a fonte]- A estrela: unha estrela de oito puntas para os membros da Gran Cruz e de catro puntas para os membros Comendadores. Está feita en prata, e no medio leva un anel vermello co lema da Orde (For God and the Empire / "Por Deus e polo Imperio"). Orixinalmente, no centro aparecía a imaxe de Bretaña, pero dende 1937 aparecen as imaxes de Xurxo V e a Raíña Mary.
- A insignia: é a única insignia que locen todos os membros. É unha cruz patoncé, co mesmo medallón central que a estrela no anverso e o monograma real de Xurxo V no reverso. Sobre o brazo superior da cruz hai unha coroa imperial. Varía de tamaño segundo a clase, e para as clases Cabaleiros da Gran Cruz, Cabaleiros Comendadores e Comendadores é de esmalte azul ceo co anel en vermello; a de Oficiais é dourada e a de Membro é prateada.
Membros
[editar | editar a fonte]Na lista dos membros da Orde do Imperio Británico pódense atopar:
Actores:
- Julie Andrews (DBE 2000)
- Pierce Brosnan (OBE 2003)
- Alfred Hitchcock (KBE 1980)
- Robert Carlyle (OBE 1999)
- Fiona Shaw (CBE 2001)
- Angela Lansbury (hon CBE 199?)
- Michael Gambon (CBE 1990)
- Elaine Paige (OBE 1995)
- Michael Palin (CBE 1999)
- Michael Caine (CBE 1993, KBE 2000)
- Charlie Chaplin (KBE 1975)
- Michael Crawford (OBE 1986)
- Hugh Laurie (OBE 2007)
- Christopher Lee (CBE 2001)
- Liam Neeson (OBE 1999)
Músicos:
- Elton John (CBE 1996, KBE 1998)
- Bob Geldof (KBE 1986)
- Andrea Corr (MBE 2005)
- Sharon Corr (MBE 2005)
- Caroline Corr (MBE 2005)
- Jim Corr (MBE 2005)
- Bono (Paul David Hewson)(KBE 2007)
- Kylie Minogue (OBE 2008)
- Andrew Lloyd Webber
- Roger Daltrey (CBE 2004)
- Os Beatles (MBE 1965)
- Mick Jagger (MBE 2003)
- Bee Gees (CBE 2002)
- David Gilmour (CBE 2003)
- Eric Clapton (CBE 2004)
Empresarios:
- Anita Roddick (DBE 1988)
- Richard Branson (KBE 2000)
- Bill Gates (KBE 2005)
Deportistas:
- Sebastian Coe (MBE 1982, OBE 1990, KBE 2006)
- David Beckham (OBE 2003)
- Nick Faldo (MBE 1998)
- Alex Ferguson (OBE 1984, CBE 1995)
- Henrik Larsson (MBE 2006)
- Nigel Mansell (OBE 1990)
- Nigel Short (MBE 1999)
Escritores:
- Terry Pratchett (OBE 1998)
- Tim Rice (KBE 1994)
- J. K. Rowling (OBE 2000)
- Salman Rushdie (KBE 2007)
- J. R. R. Tolkien (CBE 1972)
- Agatha Christie (DBE 1971)
E máis...
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orde do Imperio Británico |