Mariana Pajón
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1991 ![]() Medellín, Colombia ![]() |
Altura | 158 cm ![]() |
Peso | 53 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ciclista ![]() |
Período de actividade | 2008 ![]() |
Nacionalidade deportiva | Colombia ![]() |
Deporte | ciclismo de competición ![]() |
Disciplina deportiva | BMX ![]() |
Patrocinador | Red Bull GmbH ![]() |
Participou en | |
2016 | ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) ![]() |
2012 | Ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - BMX feminino (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
Sitio web | marianapajon.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Mariana Pajón Londoño, nada en Medellín o 10 de outubro de 1991, é unha ciclista colombiana, especialista en BMX.[1] É a campioa de 14 campionatos mundiais, 2 campionatos nacionais dos Estados Unidos, 9 campionatos latinoamericanos e 10 campionatos panamericanos. Ademais, gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, e nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. Nos Xogos de 2020 en Toquio, gañou unha medalla de prata. É a primeira colombiana en gañar dúas medallas olímpicas de ouro.[2] Os logros de Pajón en BMX valéronlle o alcume da "Raíña do BMX".[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou o seu primeiro título nacional con 5 anos e o seu primeiro título mundial con 9 anos.
Foi escollida para levar a bandeira de Colombia na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2012. A súa participación de Pajón na competición de BMX resultou na primeira medalla de ouro para Colombia neses Xogos e o segundo na historia da participación do seu país nas Olimpíadas.[3] Despois de acadar a primeira posición nas tres carreiras das semifinais, fixo un tempo de 37,706 segundos durante a final.[4]

Nos Xogos Olímpicos de 2016, Pajón defendeu o seu título e gañou o seu segundo ouro olímpico, o quinto na historia de Colombia. Con esta vitoria, Pajón converteuse na primeira deportista colombiana en gañar dúas medallas de ouro. Nos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio, Pajón gañou a prata.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Valledupar Noticias: Mariana Pajón gana Medalla de Oro para Colombia en los Juegos Olimpicos de Londres. valleduparnoticias.co (10 de agosto de 2012)
- ↑ "Mariana Pajón, oro histórico para Colombia en Londres 2012". 11 de agosto de 2012. Archived from the original on 13 de agosto de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Mariana Pajon. london2012.com
- ↑ With David Beckham watching, Mariana Pajon wins women’s BMX gold at the London Olympics. The Associated Press (10 de agosto de 2012)
- ↑ "Cycling BMX Racing Schedule & Results - 30 Jul | Tokyo 2020". .. (en inglés). 2021-07-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mariana Pajón ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1991
- Nados en Medellín
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Ciclistas olímpicos de Colombia
- Medallistas olímpicos en ciclismo
- Medallistas olímpicos de ouro por Colombia
- Medallistas olímpicos de prata por Colombia
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2024