Mafalda Arnauth
Aparencia
Nome orixinal | (pt) Teresa Mafalda Nunes Arnauth de Figueiredo (pt) Mafalda Arnauth |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de outubro de 1974 (50 anos) Lisboa, Portugal |
Educación | Universidade de Lisboa Faculdade de Medicina Veterinária da Universidade de Lisboa (pt) |
Actividade | |
Ocupación | fadista (pt) , veterinaria |
Período de actividade | 1995 - |
Xénero artístico | Fado |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | EMI |
Sitio web | mafaldaarnauth.com |
Mafalda Arnauth, nada en Lisboa o 4 de outubro de 1974, é unha cantante de fado portuguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou a súa carreira en 1995, nun concerto no Teatro de São Luís, en Lisboa, no que participou convidada polo fadista João Braga.
O seu primeiro álbum, Mafalda Arnauth (1999), foi aclamado pola crítica e recibiu o premio de voz revelación do ano pola revista portuguesa BLITZ, orientada ao público novo - un éxito que se repetiría no seu segundo disco, Esta Voz Que Me Atravessa (2001), case enteiramente adicado ao fado. No 2003, Mafalda Arnauth lanzou Encantamento, no que debuta tamén como compositora, asinando case todas as faixas. Diário (2005) foi saudado pola crítica e polos fans como o mellor traballo da cantora até o momento.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Mafalda Arnauth (1999)
- Esta voz que me atravessa (2001)
- Encantamento (2003)
- Talvez se Chame Saudade – Best Of (2005)
- Diário (2005)
- Flor de Fado (2008)