Saltar ao contido

Chennai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Madras»)
Modelo:Xeografía políticaChennai
சென்னை (ta) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 13°04′57″N 80°16′30″L / 13.0825, 80.275
PaísIndia
Estado da IndiaTamil Nadu
Distrito da IndiaChennai district (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Chennai district (en) Traducir
Madras Presidency (en) Traducir
Madras State (en) Traducir (1947–)
Tamil Nadu (1969–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación6.599.000 (2024) Editar o valor en Wikidata (15.460,49 hab./km²)
Lingua oficialLingua támil Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie426.830.040 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1639 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
decembro de 1758Siege of Madras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoM. K. Stalin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal600... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico44 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Frankfurt
Chemnitz
Volgogrado (1966–)
Denver (1984–)
San Antonio (2009–)
Kuala Lumpur (2010–)
Chongqing (2015–)
Ulsan (pt) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webchennaicorporation.gov.in Editar o valor en Wikidata

Chennai (சென்னை en támil) (antigamente Madrás) é a capital de Tamil Nadu na India, con 6 800 000 habitantes é a cuarta cidade do país. Localízase na costa de Coromandel, no Golfo de Bengala.


O Valluvar Kottam é un memorial en honor do poeta e santo támil Tiruvalluvar e máis amplamente en honor da cultura támil. Inaugurado en 1976, este inmenso auditorio é de feito unha réplica do templo en forma de carreta de Thiruvarur. Unha estatua do poeta de 33 metros foi posta no medio.

Chennai recibiu o seu nome actual en 1996.

Nunha rexión poboada dende séculos, a cidade anteriormente coñecida coma Madras (ata 1996) xurdiu por unión de varias poboacións veciñas, xeralmente vinculadas a templos: Thiruvanmiyur no sur; Thiruvotriyur ao norte; Thirvallkeni (hoxe barrio de Triplicane) no centro. A a máis antiga semella que foi Mylapore (hoxe barrio central de Thirumaylai). Foi un activo porto da Costa de Coromandel dende o século I aC e centro da cultura támil. Supostamente foi visitada por Tolomeo e poida que polo apóstolo San Tomé. De feito, nos arredores da cidade actual, no suroeste, álzase o Monte de San Tomé, suposto lugar da prédica evanxelizadora[1].

Mylapore foi porto e un centro administrativo das sucesivas dinastías que gobernaron o sueste do subcontinente indio no primeiro milenio: Chola, Pallava, Pandya, Khilji e os Nayaks do Imperio de Vijayanagar. Do tempo dos Pallava data o importante templo de Kapalleeshvarar (século VII).

En 1522 os portugueses arriban e constrúen alí o asentamento e porto de São Tomé de Meliapore. Destruíron o templo de Kapaleeshwarar (reconstruído no XVIII) e erixiron a basílica de Sao Tomé sobor da suposta tumba do apóstolo.

Colonia británica: Madras

[editar | editar a fonte]
Fort St George.

En 1639 Francis Day merca para a Compañía Británica do Leste da India a concesión dunha franxa de terra ao norte de Mylapore onde existía a localidade pesqueira de Madraspatnam. Ao ano seguinte constrúen un forte (Fort St. George) con vivendas e peirao, ó que chamaron White Town, por oposición á Black Town ou asentamento indíxena que creceu ao carón do anterior.

En 1746 os franceses ocúpana brevemente destruíndo a Black Town. Tres anos despois volve ás mans dos británicos. Reforzan con bastións o forte que adopta forma semioctogonal[2] e deixan unha explanada de medio quilómetro ao norte no lugar que ocupara aquela, estendendo máis ao norte unha nova retícula urbana (futura George Town)[3].

Amais, durante todo o século XVIII agrandan a colonia mediante sucesivas adquisicións (entre outras Triplicane, Tiruvottiyur e a propia Mylapore)[4]. Convértese en base naval inglesa e centro administrativo das posesións do imperio no sur da India (Madras Presidency).

No século XIX experimenta un gran crecemento ao ser o porto do intercambio comercial da rexión con Europa, incrementado pola posta en marcha cara ao fin da centuria da rede de ferrocarrís da India[5].

Pero a verdadeira explosión urbana produciuse trala independencia do país en 1948 e a industrialización das décadas posteriores (sinaladamente a industria do automóbil). Hoxe un novo pulo vén da man de ser un centro das Tecnoloxías da Información.

  1. [1]
  2. [2]
  3. [3]
  4. [4]
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 27 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]