Saltar ao contido

Luuk de Jong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuuk de Jong

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Aigle, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e Premier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo19 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009   Países Baixos sub-19 5(1)
2008–2009 De Graafschap 14(2)
2009–2012 FC Twente 76(39)
2012–2014 Borussia Mönchengladbach 36(6)
2014–   PSV Eindhoven
2014–2014 cesión   Newcastle United 12(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2013   Países Baixos sub-21 18(5)
2011–   Países Baixos
Participou en
1 de xuño de 2019Liga de Campións da UEFA 2018-19
10 de agosto de 2018Eredivisie de 2018–19 (pt) Traducir
26 de xuño de 2018Liga dos Campeões da UEFA de 2018–19 – Rodadas de Qualificação (pt) Traducir
11 de agosto de 2017Eredivisie de 2017–18 (pt) Traducir
7 de agosto de 2016Eredivisie de 2016–17 (pt) Traducir
2016Liga de Campións da UEFA 2016-17
7 de agosto de 2015Eredivisie 2015-16 (pt) Traducir
30 de xuño de 2015Liga de Campións da UEFA 2015-16
8 de agosto de 2014Eredivisie 2014-2015 (pt) Traducir
2014UEFA Europa League 2014-15
17 de agosto de 2013Premier League 2013-2014
9 de agosto de 2013Fußball-Bundesliga 2013/2014 (pt) Traducir
24 de agosto de 2012Bundesliga 2012-2013
2012UEFA Europa League 2012-13
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
5 de agosto de 2011Eredivisie 2011-2012
2011UEFA Europa League 2011-12
14 de setembro de 2010Liga de Campións da UEFA 2010-11
6 de agosto de 2010Eredivisie 2010-11 (pt) Traducir
2010UEFA Europa League 2010-11
31 de xullo de 2009Eredivisie 2009-10 (pt) Traducir
2009UEFA Europa League 2009-10
agosto de 2008Eredivisie 2008-09 (pt) Traducir
Liga dos Campeões da UEFA de 2011-12 - Rodadas de Qualificação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsSiem de Jong Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm11779812 Twitter: LuukdeJong9 Instagram: luukdejong9 FIFA: 319442 UEFA: 250005343 Editar o valor en Wikidata

Luuk de Jong, nado o 27 de agosto de 1990 en Aigle, é un futbolista profesional neerlandés. Xoga como dianteiro e o seu equipo na actualidade é o FC Barcelona da Liga Santander, onde xoga cedido polo Sevilla FC.[1] É irmán do tamén futbolista Siem de Jong.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Luuk de Jong nun partido da Europa League en 2011 ante o Rubin Kazán.

Comezou no equipo afeccionado DZC'68 xunto co seu irmán Siem. Ambos os dous iniciaron a súa carreira profesional no De Graafschap, mais Siem foi fichado polo AFC Ajax cando xogaba no De Graafschap xuvenil. O 6 de abril de 2009, de Jong foi fichado polo FC Twente cun contrato de tres tempadas que incluía opción a unha máis. Xogou os seus primeiros minutos nun partido de copa ante o SC Joure.

O 18 de xullo de 2012, foi fichado polo Borussia Mönchengladbach de Alemaña por un prezo que alcanzou os 15 millóns de euros. Firmou un contrato co equipo alemán até 2017 e levou o dorsal '9' que xa levara no Twente. O 12 de xullo de 2014, asinou co PSV Eindhoven dos Países Baixos a cambio de 5'5 millóns de euros.

O 1 de xullo de 2019, de Jong fichou polo Sevilla FC da Primeira División Española até 2023.[2] Marcou o seu primeiro tanto co equipo andaluz na vitoria contra o Levante UD por 1-0.[3] Tamén veu porta ante o Real Betis Balompié co gol que lle deu a vitoria no derbi sevillano.[4] O 16 de agosto de 2020, anotou o gol do triunfo contra o Manchester United FC nas semifinais da UEFA Europa League 2019-20, e clasificou ao equipo hispalense para a súa sexta final da UEFA Europa League[5]. Cinco días máis tarde, anotou de novo na final contra o Inter de Milán, marcando dous dos tres goles que lle deron o título ao club por sexta vez.[6]

O 31 de agosto de 2021, previo ao peche de mercado de fichaxes da liga española, o FC Barcelona e o Sevilla FC chegaron a un acordo para a cesión de De Jong até xuño de 2022, baixo petición do adestrador do Barcelona, Ronald Koeman.[7] O equipo azulgrana cambiou de adestrador e rumoreouse cun posible remate da cesión en xaneiro.[8][9] Malia todo isto, conseguiu anotar nos tres primeiros partidos que xogou en 2022[10] e finalmente quedou no Barcelona e converteuse nun arma do xogo aéreo nos derradeiros minutos de moitos partidos, xa que salvou un punto ante o RCD Espanyol, e deu a vitoria ante o Levante UD.[11][12]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado por vez primeira vez para xogar coa selección neerlandesa para xogar un amigable contra a selección de Austria e fixo o seu debut substituíndo ao xogador Dirk Kuyt.

Luuk de Jong coa selección neerlandesa.
  1. Acuerdo con el Sevilla FC para la cesión de Luuk de Jong fcbarcelona.es. Consultado o 1 de setembro de 2021.
  2. "Luuk de Jong, delantero sevillista hasta 2023". Sevilla F. C. 1 de xullo de 2019. Consultado o 1 de xullo de 2019. 
  3. Oscar Murillo (20 de outubro de 2019). "Sevilla F.C. 1-0 Levante: Ve la 'Luuk' en el mejor momento". Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  4. Alberto Fdez (10 de novembro de 2019). "El sevillismo seguro que perdona a De Jong todas las que falló al marcar el de la victoria en el derbi". Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  5. "El Sevilla elimina al Manchester United y se clasifica para su sexta final de Europa League". El País. 16 de agosto de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  6. "Sevilla F.C. 3-2 Inter: Una leyenda llamada Sevilla Fútbol Club". Estadio Deportivo. 21 de agosto de 2020. Consultado o 21 de agosto de 2020. 
  7. Acuerdo con el Sevilla FC para la cesión de Luuk de Jong fcbarcelona.es. Consultado o 1 de de setembro de 2021.
  8. "La 'pasión turca' de Luuk de Jong". Estadio Deportivo. 15 de decembro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  9. "De Jong, pretendido por el Cádiz CF, maneja ofertas de equipos turcos". Diario de Cádiz. 2 de xaneiro de 2022. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  10. "Luuk de Jong se reivindica a base de goles". ABC. 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  11. "Luuk de Jong, al rescate del Barça". Marca. 13 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de abril de 2022. 
  12. "Luuk de Jong rescata al Barça en el tiempo añadido del partido contra el Levante". Onda Cero. 10 de abril de 2022. Consultado o 10 de abril de 2022.