Chícharo de raposo
Chícharos de raposo (xénero Lupinus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Planta de L. polyphyllus en floración. | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto |
O chícharo de raposo ou chícharo bravo[1] é o nome que reciben as plantas fabáceas (especialmente Lupinus albus[2] e L. angustifolius[3]), pertencentes ao xénero Lupinus e usadas na fixación de nitróxeno nos solos. O xénero conta con arredor de 200 especies orixinarias do Mediterráneo (subxénero Lupinus) e de América (subxénero Platycarpos (Watson) Kurl.) A semente, de cor amarela, non ten aproveitamento agrícola e é xeralmente vendida e consumida en conserva como petisco (acepipe), sendo moi común nas cervexarías de Portugal. O tremoceiro in natura contén un aminoácido neurotóxico que o veda ao consumo humano, alén dunha serie de substancias alcaloides dotadas de efectos neurotóxicos e hepatóxicos do grupo da quinolicidina, como a lupanina, ou lupinina, mais isto só ocorrería co consumo do gran fresco ou seco, e en grandes cantidades e por longos períodos. Para poder consumir os chícharos de raposo sen risco, deben ser cocidos e despois cubertos de auga mudándoa con frecuencia durante uns días até perderen o seu amargo orixinal, coa eliminación dos alcaloides. Preparados deste xeito, os chícharos bravos non ofrecen ningún risco á saúde.
Botánica
[editar | editar a fonte]Lupinus é un dos xéneros de plantas da familia das fabáceas, subfamilia Faboideae. Hai preto de 150 especies clasificadas neste xénero (subxéneros Lupinus, e Platycarpos (Wats.) Kurl.). A maioría destas especies teñen a propiedade de fixar nitróxeno nos solos, e moitas son utilizadas como fertilizante natural en zonas agrícolas. As sementes das plantas do xénero Lupinus, tremoceiros, son coñecidas como chícharos de raposo ou bravos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son plantas de talo erecto, que habitualmente miden entre 5 dm e 2 m de altura. As súas follas están formadas por un número impar de folíolos e o seu aspecto é semellante ao dunha man. Nas especies silvestres e as cultivadas con propósitos ornamentais, as flores reúnense en longas e vistosas inflorescencias, porén, as especies cultivadas para a alimentación adoitan ter inflorescencias máis miúdas e pouco notorias. As cores dos pétalos varían dende o branco ao azul intenso, con predominio de tons azulados e rosados. O seu froito é un legume que contén sementes con forma de esfera achatada.
Algunhas especies
[editar | editar a fonte]- As especies sinaladas con P medran de forma espontánea en Galiza, normalmente en solos areentos.
- Lupinus albus (tremoceiro común) P
- Lupinus angustifolius
- Lupinus arboreus (tremoceiro bravo) P
- Lupinus luteus (tremoceiro amarelo) P
- Lupinus mutabilis
- Lupinus nootkatensis
- Lupinus polyphyllus
- Lupinus texensis
- Lupinus tidestromii
- Lupinus foliolosus
- Lupinus kuntii
- Lupinus michelianus
- Lupinus nubigenus
- Lupinus rupestris
- Lupinus smithianus
Constituíntes tóxicos existentes neste xénero
[editar | editar a fonte]Clasificación do xénero
[editar | editar a fonte]Sistema | Clasificación | Referencia |
---|---|---|
Carl von Linné | Clase Diadelphia, orde Decandria | [4] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Termos esenciais de botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela
- ↑ http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=tremoceiro&tipo_busca=lema
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chícharo.
- ↑ Species Plantarum (1753)