Saltar ao contido

Lingua xugní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lingua xugnaniana»)
Xugnoniano
Xughnoni / Xughnun ziv
Pronuncia:/хuɣˈnůn ziv/
Outros nomes:Xugnán-ruxán (sughnan-rushan)
Falado en: Tadjiikistán e Afganistán
Rexións: Badaghxán Montañoso, distritos de Xugnón e Ruxón; Badaghxán
Total de falantes: Uns 60.000 (ano 1994)
Familia: Indoeuropea
 Irania
  Orientais
   Orientais meridionais
    Linguas do Pamir
     Xugnoniano
Escrita: De facelo usan a escrita cirílica, perso-arábiga ou latina
Status oficial
Lingua oficial de: Non
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: sgh
ISO 639-3: sgh
SIL: sgh
Mapa
.
Status

A lingua xugnoniana, en lingua autóctona хуғнун зив (xughnún ziv), pronunciado /хuɣˈnůn ziv/ ou xugnoniano[1] хуғнони (xughnoni) pronunciado /хuɣnoni/ (pode aparecer con adaptacións doutras linguas coma Shughni, Shugnani, Schughni, Şugni ou ben escrito en persa coma shughní ou taxico шуғнoнй-shugnoní) é unha das linguas do Pamir do grupo de linguas iranias meridionais orientais. Fálase no Badaghxán Montañoso[2] no Tadjiikistán e no Badaghxán[3] no Afganistán no distrito de Shugnán. Xugnoniano fai referencia ao habitante do Distrito de Xugnón[4] na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso no Tadjiikistán e á lingua que estes falan, e que se fala máis alá deste distrito.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

O alfabeto que se utiliza na actualidade é o taxico adaptado á lingua, igual que sucede coa lingua iagnobiana ou iagnobesa.

Variante de alfabeto latino para o xugnoniano (1931).

No seguinte cadro está representado o alfabeto latino usado ata 1931:

A a B в C c Ç ç Є є D d Đ đ F f
G g Ƣ ƣ H̡ h̡ I i J j K k L l M m
N n O o Ө ө P p Q q R r S s Ş ş
T t Ѣ ѣ U u V v W w X x X̵ x̵ H h
Z z Ƶ ƶ З з

Nestoutro cadro o alfabeto cirílico adaptado para o xugnaniano en 1938:

а ā б в в̌ г ғ г̌
д д̌ ē ê ж з ҙ и
ӣ й к қ л м н о
п р с т т̌ у ӯ у̊
ф х х̌ ц ч ҷ ш ъ
ь
  1. Non existe tradición sobre coma escribir este xentilicio en galego, pódese dicir xugnoniano/a ou xugní
  2. O nome anterior durante o período soviético era "Gorno-Badaxšan", que ten exactamente o mesmo significado que o novo en taxico o cal adáptase ao galego coma Badaghxán Montañoso
  3. O nome preferibel sería Badaghxón xa que tanto en taxico (que é falado nas dúas marxes do río Panxe, nos dous Badaghxán) coma no resto de linguas do Pamir se di así. Esta denominación chega tamén ata as linguas nuristanias onda se di Badaghšón, en camviri, axcunu, vasí, calasha, tregame. Nestas linguas tamén se di Afghanistón, Pokistón, Nuristón... que veñen coincidindo coas lingus do Pamir e o taxico. (A información toponímica foi recollida das transcripcións sobre linguas nuristanias do Profesor Richard F. Strand "Notes on the Nûristânî and Dardic Languages." Journal of the American Oriental Society, 93.3: 297-305; sobre o xugnaniano de diversos traballos).
  4. O nome deste distrito tanto en lingua taxica (ata agora a única oficial) coma en xugnanino e demais linguas pamires é Шуғнон, en paxto e persa ,e Šughnān

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]