Saltar ao contido

CB Peñas Huesca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Levitec Huesca»)
Levitec Huesca
Información xeral
Liga LEB Prata
Fundación 1977
Historia CD Peñas Recreativas de Huesca
(1977–1996)
Cores           Verde, branco
Presidente España Antonio Orús
Adestrador España Sergio Lamúa
Patrocinador Levitec
Localización
Cidade España Huesca, España
Pavillón Palacio Municipal
Capacidade 4 906
Inauguración 1994
cbphuesca.com

O Club Baloncesto Peñas Huesca, tamén coñecido como Levitec Huesca por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Huesca, Aragón. Fundado inicialmente como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca en 1977, non se constituíu legalmente até 1981. Competiu na liga ACB un total de 12 tempadas co obxectivo de eludir o descenso. Actualmente participa na Liga LEB Prata, onde xoga os seus partidos como local no Palacio Municipal, pavillón con capacidade para 4 906 espectadores.[1]

O club foi fundado como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca no verán do ano 1977 (aínda que constituído legalmente o 24 de agosto de 1981), cando as "peñas" da cidade se adheriron ao proxecto de crear un equipo profesional de baloncesto. Esta entidade oscense comezou a súa andaina na tempada 1977-1978 na Terceira División e, aos poucos, foi ascendendo até chegar á Liga ACB na tempada 1983-1984.

O debut na ACB saldouse cun descenso pero no curso baloncestístico 1985-1986, tras un ano afastado da elite, o Peñas consolidouse como equipo ACB, iso si, sempre co obxectivo anual de salvar a categoría. Tras conseguir a permanencia nunha eliminatoria contra o Festina Andorra en 1996, os directivos do club víronse obrigados a vender a praza de ACB ao Baloncesto Fuenlabrada, xa que a situación económica era insustentable.

Ese ano o club é refundado Club Baloncesto Peñas Recreativas de Huesca, e dese xeito, a seguinte tempada disputou a primeira edición da LEB, contando cun orzamento baixo. A tempada non foi boa, aínda que logrou manterse na categoría. No entanto, o Peñas abandonou a LEB trala salvación, mantendo unicamente en competición os seus equipos de canteira na tempada 1997-1998. Na seguinte tempada, o equipo sénior inscribiuse na Liga EBA e obtivo bos resultados durante o tempo que permaneceu nesta categoría. Nos anos 2003 e 2004, o club oscense xogou a fase de ascenso á LEB 2 aínda que non logrou subir de categoría, feito que finalmente se produciu en 2005 ao saír vitorioso da fase final do campionato disputada en Palencia. Tras varios anos en EBA e LEB Prata, no ano 2010 o club ascende á segunda categoría, a LEB Ouro, na cal compite actualmente.

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Magia de Huesca (1985–1990)
  • Huesca La Magia (1990–1992)
  • Argal Huesca (1992–1994)
  • Somontano Huesca (1994–1995)
  • AGB Huesca (1995–1996)
  • Iberagentes Huesca (2000–2002)
  • CAI Huesca (2002–2004)
  • CAI Huesca La Magia (2004–2007)
  • CAI Huesca Cosarsa (2007–2008)
  • Lobe Huesca (2008–2013)
  • Magia Huesca (2016–2017)
  • Levitec Huesca (2017–presente)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Copa LEB Prata

  • Campións (1): 2010
  • Subcampións (1): 2006

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas
1977–78 3 3ª División 16–10
1978–79 3 2ª División
1979–80 3 2ª División
1980–81 3 2ª División 17–1–6
1981–82 3 2ª División
1982–83 2 1ª División B 15–2–9
1983–84 1 ACB 14º 10–24
1984–85 2 1ª División B 19–7
1985–86 1 ACB 13º 13–21
1986–87 1 ACB 12º 13–17 Copa Príncipe OF
1987–88 1 ACB 10º 8–22 Copa Príncipe OF
1988–89 1 ACB 13º 15–26 Cuartos de final
1989–90 1 ACB 14º 24–16 Primeira rolda
1990–91 1 ACB 15º 19–19 Primeira rolda
1991–92 1 ACB 17º 20–21 Segunda rolda
1992–93 1 ACB 19º 14–21 Primeira rolda
1993–94 1 ACB 20º 10–22 Primeira rolda
1994–95 1 ACB 18º 15–27
1995–96 1 ACB 18º 12–30
1996–97 2 LEB 12º 8–21
1997–98 Non participou en ningunha competición
1998–99 3 EBA 14º 10–24
1999–00 3 EBA 14º 7–19
2000–01 4 EBA 17–13
2001–02 4 EBA 17–15
2002–03 4 EBA 26–8
2003–04 4 EBA 23–9
2004–05 4 EBA 31–4
2005–06 3 LEB 2 21–14 Copa LEB 2
2006–07 3 LEB 2 16º 16–22
2007–08 3 LEB Prata 20–17
2008–09 3 LEB Prata 11º 14–16
2009–10 3 LEB Prata 32–13 Copa LEB Prata
2010–11 2 LEB Ouro 15º 12–22
2011–12 2 LEB Ouro 15º 13–21
2012–13 2 LEB Ouro 12–18
2013–14 2 LEB Ouro 14–15
2014–15 2 LEB Ouro 12º 9–19
2015–16 2 LEB Ouro 22–19
2016–17 2 LEB Ouro 16º 11–23
2017–18 2 LEB Ouro 15º 13–21
2018–19 2 LEB Ouro 10º 18–16
2019–20 2 LEB Ouro 14º 9–15
2020–21 2 LEB Ouro 13º 10–16
2021–22 2 LEB Ouro 18º 5–29
  1. "Levitec Huesca". muevetebasket.es. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]