La battaglia di Algeri
A batalla de Alxer | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Battaglia di Algeri |
Director | Gillo Pontecorvo |
Produtor | Antonio Musu Saadi Yacef |
Guión | Franco Solinas |
Intérpretes | Brahim Hadjadj Jean Martin Yacef Saadi Samia Kerbash Ugo Paletti Fusia El Kader Mohamed Ben Kassen |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Marcello Gatti |
Montaxe | Mario Morra Mario Serandrei |
Estrea | 1965 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Italia Alxeria |
Na rede | |
La battaglia di Algeri é un filme italoalxeriano de 1965, dirixido por Gillo Pontecorvo, en branco e negro, baseado na guerra de Independencia de Alxeria.
A idea de filmar esta película naceu dun proxecto do primeiro goberno independente de Alxeria, dirixido por Ahmed Ben Bella, que foi proposto a directores italianos de cine social.
A primeira idea partiu do futbolista retirado, e antigo dirixente da FLN, Yacef Saadi. En 1964 o goberno de Alxeria encargou a Saadi buscar un director italiano que rodase a que sería a primeira película de ficción alxeriana.
O resultado foi unha das mellores películas sobre colonialismo, terrorismo e movementos revolucionarios. Aínda estar rodada coma se fose un documental, a acción non perde ritmo en ningún momento da película.
A película gañou o León de Ouro á mellor película no Festival Internacional de Cine de Venecia de 1966.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ali La Pointe (Brahim Hadjadj) é un ladrón analfabeto cun longo historial delituoso, que malvive nas rúas de Alxer. Tras ser detido, nun dos seus ingresos a prisión contempla dende a ventá da súa cela a execución dun preso vinculado ao nacionalismo alxeriano. Este feito faille tomar conciencia da opresión colonial francesa sobre Alxeria, e decide enrolarse despois de fuxir, na Fronte de Liberación Nacional, para rematar sendo, na fin da película, un dos seus máximos responsables.
A trama comeza polo final, situando a acción no 7 de outubro de 1957, dende onde se inicia un flashback que mostra a toma de conciencia e implicación no movemento nacionalista alxeriano do personaxe principal.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- 1966 - Premio "FIPRESCI Price" a Gillo Pontecorvo; Premio "León de Ouro" a Gillo Pontecorvo (Festival de Cine de Venecia)
- 1967 - Premio "Silver Ribbon" a Marcello Gatti por mellor fotografía en branco e negro; Premio "Silver Ribbon" a Gillo Pontecorvo como mellor director; Premio "Silver Ribbon" a Antonio Musu como mellor produtor (Italian National Syndicate of Film Journalists); Un nomeamento ao "Óscar" como mellor película en lingua estranxeira (Academy Awards, USA)
- 1968 - Premio "Kinema Junpo Award" á mellor película en lingua estranxeira (Kinema Junpo Awards)
- 1969 - Un nomeamento ao "Óscar" a Gillo Pontecorvo como mellor director; un nomeamento ao "Óscar" a Francisco Solinas e Gillo Pontecorvo por mellor argumento e guión
- 1972 - Premio "UN Award" (BAFTA Awards)
Comentarios
[editar | editar a fonte]- Un dos seus protagonistas Youcef Saadi, caracterizado na película como Saadi Kader, foi un dos fundadores do FLN alxeriano.
- A súa exhibición en Francia foi vetada até 1971 e incluso o xeneral Massu (encarnado na película no personaxe do Coronel Mathieu) escribiu un libro homónimo á película no que definía os métodos de tortura usados polo exército francés en Alxeria como unha crueldade necesaria:
- Non me asusta a palabra tortura, pero penso que na maioría dos casos os militares franceses víronse obrigados a utilizala para vencer ao terrorismo alí, afortunadamente, os nosos métodos foron infantís comparados cos que practicaron os rebeldes. A situación levounos a certa ferocidade, é certo, pero permanecemos dentro da lei do ollo por ollo, dente por dente.
- As escenas de torturas foron censuradas nos Estados Unidos e no Reino Unido. En España non foi exhibida até moito despois da morte de Franco.
- Segundo informacións, o filme foi utilizado polo Departamento de Defensa de EUA para ilustrar a formación das tropas destinadas a lugares como Iraq [1].
Notas
- ↑ Kaufman, Michael T. (2003-09-07). "The World: Film Studies; What Does the Pentagon See in 'Battle of Algiers'?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2007. Consultado o 2019-05-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 39ª edición dos Óscar
- Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La batalla de Argel, por Álvaro Vargas Llosa (en castelán)
- Filmes de 1965
- Filmes en lingua italiana
- Filmes en lingua árabe
- Filmes de Italia
- Filmes de Alxeria
- Filmes rodados en Alxeria
- Filmes sobre terrorismo
- Filmes dirixidos por Gillo Pontecorvo
- Filmes con banda sonora de Ennio Morricone
- Filmes gañadores do León de Ouro
- Filmes ambientados en 1954
- Filmes ambientados en 1956
- Filmes ambientados en 1957
- Filmes ambientados en 1960