Kuna croata
Kuna croata † | |
---|---|
Kuna en croata | |
Código: | HRK |
Ámbito: | Croacia |
Símbolo: | Kn |
Fracción: | 100 lipa |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20, 50 lipa 1, 2, 5, 25 HRK |
Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 HRK |
Emisor: | Banco Nacional de Croacia |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 7,53450 HRK |
A kuna foi a unidade monetaria de Croacia desde o 30 de maio de 1994 ata o 31 de decembro de 2022, cando foi substituída polo euro. Subdividíase en 100 lipa. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria era HRK.
Historia
[editar | editar a fonte]A palabra croata kuna fai referencia ao animal coñecido como marta. Aínda que se pense que o nome fai referencia ás moedas chamadas coroa, o nome escolleuse porque fai referencia ao uso das peles de marta como unidades de cambio na época medieval. A kuna foi introducida en xuño de 1994 despois do período de transición posterior á independencia croata, no que o dinar iugoslavo foi substituído polo dinar croata.
A elección do nome kuna foi moi polémica, sobre todo entre os serbios de Croacia, xa que a única entidade que usara antes aquel nome de moeda foi o estado fascista de Croacia durante a segunda guerra mundial. O goberno croata defendeu a elección do nome co argumento do uso histórico das peles de marta, mentres que os seus detractores víano máis ben como unha forma de continuidade do moderno estado croata co réxime extremista anterior. A kuna foi emitida, logo da independencia do país en 1992, polo Banco Nacional de Croacia (Hrvatska narodna banka) e cuñada pola Casa da Moeda de Croacia (Hrvatska kovnica novca).
O euro substituíu o kuna como moeda oficial de Croacia o 1 de xaneiro de 2023,[1] cunha taxa de cambio de 7,53450 kunas = 1 euro, que fora establecida o 10 de xullo de 2022.[2][3][4]
Moedas
[editar | editar a fonte]As moedas que circulaban no momento en que foi substituída polo eiuro eran as seguintes:
1 lipa | 2 lipas | 5 lipas |
---|---|---|
10 lipas | 20 lipas | 50 lipas |
1 kuna | 2 kunas | 5 kunas |
Billetes
[editar | editar a fonte]A continuación descríbense os billetes da última serie editada polo Banco Nacional de Croacia en 2001:
Imaxe | Valor | Dimensións | Cor principal | Descrición | |
---|---|---|---|---|---|
Anverso | Reverso | ||||
5 HRK | 122 x 61 mm | verde | o Duque Fran Krsto Frankopan e o Ban Petar Zrinski | o Castelo de Varaždin e o seu plano de planta | |
10 HRK | 126 x 63 mm | gris e marrón | o bispo Juraj Dobrila | o Anfiteatro de Pula e plano da vila Motovun en Istria | |
20 HRK | 130 x 65 mm | vermello e púrpura | o heroe nacional Ban Josip Jelačić | o castelo do Conde Eltz en Vukovar e un recipiente de cerámica con forma de paxaro | |
50 HRK | 134 x 67 mm | azul | o poeta Ivan Gundulić | vista do caso antigo de Dubrovnik e o Pazo do Reitor | |
100 HRK | 138 x 69 mm | vermello e ocre | o poeta Iván Mažuranić, de fondo fragmento dunha inscrición no convento de Santa Lucía en Baška (illa Krk) | a igrexa de San Vid en Rijeka e plano de planta da mesma | |
200 HRK | 142 x 71 mm | marrón | o político Stjepan Radić | o edificio do Comando Militar en Osijek e plano de planta da antiga Fortaleza de Osijek | |
500 HRK | 146 x 73 mm | verde oliveira | o escritor Marko Marulić | o palacio de Diocleciano en Split e a figura dun gobernador croata do século XI | |
1000 HRK | 150 x 75 mm | azul e gris | o político Ante Starčević | o monumento ao primeiro rei croata, Tomislav, de fondo a Catedral de Zagreb |
Taxas de troco
[editar | editar a fonte]- 1 EUR = 7,2316 HRK (21 de xuño de 2009)
- 1 USD = 5,1901 HRK (21 de xuño de 2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hrvatska 1.1. uvodi euro: ‘Više nema iznenađenja". En Poslovni Dnevnik. 3 de outubro de 2022.
- ↑ "Croacia introducirá el euro a un cambio de 7,53450 kunas por 1 euro". Swissinfo.ch. 12 de xullo de 2022.
- ↑ "Croazia. Preparativi per l’arrivo dell’euro". En La Voce del Popolo. 21 de xullo de 2022.
- ↑ "Crece la eurozona: Croacia adopta el euro como moneda oficial". En El Economista. 1 de xaneiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kuna croata |