Kathleen Robertson
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1973 (51 anos) Hamilton, Canadá |
Educación | Hillfield Strathallan College (en) |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 1992 - |
Familia | |
Cónxuxe | Gregg Araki |
|
Kathleen Robertson, nada en Hamilton (Ontario) o 8 de xullo de 1973, é unha actriz canadense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa paixón polo mundo da actuación vénlle de moi nova. Con tan só dez anos díxolle a seus pais que o seu soño era dedicarse á interpretación. A súa carreira deu os seus primeiros pasos na televisión e o cinema do seu país. Non obstante, durante unha viaxe aos Ánxeles, para asistir a unha estrea, decidiu quedar e probar sorte nos Estados Unidos.
O seu debut na gran pantalla produciuse cunha pequena participación en Blown Away, en 1992; ao seguinte ano acudiu ao casting dunha serie que a fixo enormemente popular, Beverly Hills, 90210. Dende 1993 ata 1997 estivo a interpretar o papel de Clare Arnold na popular serie e logo comezou a adquirir sona polos seus papeis nos filmes de Gregg Araki.
A súa primeira colaboración con Araki chegou en 1997, cando lle deu o papel de Lucifer nun grupo de aburridos e excitados adolescentes de Los Angeles na película Nowhere. Actriz e director volveron traballar xuntos dous anos despois, cando Robertson protagonizou o centro dun triángulo amoroso en Splendor, unha homenaxe de Araki ás comedias románticas.
En 1999, Kathleen apareceu en Dog Park, outra comedia romántica, dirixida polo seu compatriota Bruce McCulloch e en Kids in the Hall.
En 2000 participou en dúas películas, por un lado Psycho Beach Party, e por outro Beautiful, o debut na dirección de Sally Field. Participou en Scary Movie 2, unha parodia de películas de terror dirixida por Keenen Ivory Wayans, pero despois retornou a territorios máis serios con XX/XY.
Pintar é unha das súas afeccións, pero tamén lle apaixona a fotografía e visitar galerías de arte.
Está casada con Chris Cowles, ten un fillo (William, 2008) e reside nos Ánxeles.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Losing Control (2010) .... Leslie
- Not Since You (2009) .... Amy
- Glitch (2008) (TV) .... Lee.
- Player 5150 (2008) .... Ali.
- The Terrorist Next Door (2008) (TV) .... Nicole.
- Tin Man (2007) .... Azkadellia.
- Hollywoodland (2006) .... Carol Van Ronkel .
- The Business (2006) serie de TV .... Julia Sullivan.
- Last Exit (2006) .... Beth Welland.
- Law & Order: Criminal Intent (2005) Serie de televisión .... Darla Pearson.
- Control (2004) .... Eden Ross.
- Until the Night (2004) .... Elizabeth.
- Mall Cop (2004) .... Donna.
- In the Dark (2003) (TV) .... Rachel Speller.
- I Love Your Work (2003) .... periodista.
- Girls Club (2002) serie de TV .... Jeanie Falls.
- Torso: The Evelyn Dick Story (2002) (TV) .... Evelyn Dick.
- Wilhelm, Wilhem, Where art Thou Wilhelm (2002) (TV) .... Prudence St. Claire.
- XX/XY (2002) .... Thea.
- I Am Sam (2001) .... Big Boy Waitress.
- Scary Movie 2 (2001) .... Theo.
- Speaking of Sex (2003) .... Grace.
- Beautiful (2000) .... Wanda Love, miss Tennessee.
- Psycho Beach Party (2000) .... Rhonda.
- Splendor (1999) .... Veronica.
- Dog Park (1998) .... Cheryl.
- I Woke Up Early the Day I Died (1998) .... Ticket Girl.
- Beverly Hills, 90210 (1994-1997) serie de TV .... Clare Arnold.
- Nowhere (1997) .... Lucifer.
- Burke's Law (1995) serie de TV .... Tracy Bird.
- Heaven Help Us (1994) serie de TV.
- In the Line of Duty: The Price of Vengeance (1994) (TV) .... Susan Williams.
- The Hidden Room (1993) serie de TV .... Anne Morrison.
- Survive the Night (1993) (TV) .... Julie.
- Quiet Killer alias Black Death (1992) (TV) .... Sara Dobbs.
- Liar's Edge (1992) (TV) .... Bobby Swaggart.
- Lapse of Memory alias Mémoire Traquée (1992) .... Patrick.
- Blown Away (1992) .... Darla.
- Maniac Mansion (1990) serie de TV .... Tina Edison.
- C.B.C.'s Magic Hour (1990) serie de TV .... Cynthia Bundy.
- My Secret Identity (1988) serie de TV.
- Left Out (1985).
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- Foi nomeada para diferentes premios nos anos 1991, 1992, 2002 e 2007.