Saltar ao contido

Județ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un județ /ʒu'deʦ/ é unha división administrativa de Romanía, que se pode traducir como rexión,[1] distrito,[2][3] departamento, concello ou condado.[4]

O Consiliu județean (Consello distrital) é a autoridade da administración pública local, coordinando a actividade dos consellos das comunas e cidades do județ. O Consello de județ está composto por conselleiros electos.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

Os 41 județe romaneses subdivídense en:

Na Romanía, o estatuto de municipio é dado só a grandes cidades.

A división administrativa en județe existe desde o século XV nos designados Principados do Danubio (Valaquia e Moldova), sendo cada județ gobernado por un jude (do latín judicis, "xuíz"), con poderes administrativos e xudiciais.

A división administrativa moderna foi inspirada no modelo francés dos departamentos, creados no século XIX, tendo cada județ un prefecto que representaba o goberno e un consello departamental.

Co comunismo, os județe deron lugar aos raions, inspirados no modelo ruso, mais foron reintroducidos en 1968.

  1. NUTS 3: como pequenas rexións para diagnósticos específicos (en inglés)
  2. Dicţionar Portughez-Român/Român-Portughez de Angela Mocanu e Pavel Mocanu. Teora. ISBN 973-601-989-6
  3. Dicionário de romeno-português coordenado por Victor Buescu. Dicionários Editora, Porto 1977
  4. Condado é a fórmula usada na Galipedia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]