Juan Domínguez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1990 (34 anos) Pontedeume, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 13 de decembro de 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Mediocentro organizador | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Juan Domínguez Lamas, nado en Pontedeume o 8 de xaneiro de 1990, é un exfutbolista galego. Xogaba de mediocentro e destacou principalmente no Deportivo da Coruña, club no que se formou como futbolista antes de subir ao primeiro equipo, no que militou durante sete tempadas. Xogou un total de 171 partidos oficiais co Deportivo, nos que marcou 12 goles, sendo un xogador clave en dous ascensos á Primeira División.[1] Militou tamén no Mallorca e no Reus, ambos na Segunda División, e pasou ademais polas ligas de Austria e Grecia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Fillo do histórico futbolista do Endesa As Pontes, Juanma Domínguez Bollo,[2] tivo o seu primeiro contacto co fútbol aos seis anos no equipo de fútbol sala de Narón O Freixo. En 1999 pasou a formar parte do Narón Balompé Piñeiros, participando en competicións de fútbol sala e fútbol-7. Foi convocado para formar parte da selección benxamín galega de fútbol sala na que coincidiu entre outros co futuro internacional Thiago Alcántara, e coa que se proclamou campión de España.[3] No 2001 pasou a xogar nos equipos de fútbol-11 do Narón Balompé ata que no 2004 fichou polo Deportivo da Coruña á idade de 14 anos.[3]
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]Canteira
[editar | editar a fonte]Continuou a súa formación nas categorías inferiores do Deportivo, xogando na posición de mediocentro. Iniciou a súa andaina no Deportivo na categoría cadete, pasando logo ao equipo xuvenil. Nesta etapa foi convocado coa selección galega sub-15 e a selección española sub-16. Na tempada 2006/07 foi chamado por Joaquín Caparrós para facer a pretempada co primeiro equipo, e na tempada 2007/08 proclamouse cos xuvenís campión da División de Honra.
Fabril
[editar | editar a fonte]Debutou co Fabril en xaneiro de 2008, nun partido da Segunda División B contra o San Sebastián de los Reyes, e permaneceu no filial ata a campaña 2009/10. Na última tempada no Fabril xa foi convocado por Miguel Ángel Lotina co primeiro equipo.
Primeiro equipo
[editar | editar a fonte]O seu debut en Primeira produciuse o 13 de decembro de 2009 no Estadio de los Juegos Mediterráneos de Almería, nun partido contra o Almería (1-1) no que xogou de titular.[4] Acabou disputando 15 partidos esa tempada, 10 deles como titular e asinou o seu primeiro contrato profesional o 16 de abril de 2010.[5]
Foi xogador do primeiro equipo durante as seguintes seis tempadas, vivindo dous descensos a Segunda e outros dous ascensos a Primeira. Na tempada 2011/12 formou unha destacada parella de mediocampistas xunto a Álex Bergantiños e foi unha peza clave na histórica campaña do equipo coruñés, que se proclamou campión de Segunda con récord de puntos.[1]
Acumulou un total de 171 partidos, nos que marcou 12 goles, sendo a súa tempada máis completa a 2013/14, na que volveu ascender a Primeira sendo indiscutible no eixo do equipo de Fernando Vázquez, con 39 partidos de liga, todos como titular.[6] Coa chegada ao banco de Víctor Sánchez, a súa participación no equipo caeu ata o punto de disputar só 9 partidos entre liga e Copa na tempada 2015/16.[6]
Cesión no Mallorca
[editar | editar a fonte]A finais de xuño de 2016 anunciouse que para a tempada 2016/17 xogaría cedido no Mallorca, equipo de Segunda adestrado por Fernando Vázquez.[7] Vestiu a camiseta do club en 31 partidos, todos como titular, pero despois de que pasasen tres técnicos polo banco, o equipo acabou descendendo a Segunda B.[8]
Reus
[editar | editar a fonte]Tralo descenso do club balear regresou á Coruña e o 22 de agosto de 2017 anunciou en rolda de prensa a súa rescisión de contrato co Deportivo, logo de 13 anos como xogador nas distintas categorías da entidade.[9] Un día despois anunciouse a súa fichaxe polo CF Reus de Segunda División, cun contrato por tres temporadas.[10] Disputou 53 encontros durante unha tempada e media, ata que en xaneiro de 2019, o club foi expulsado das competicións despois de meses sen pagar os salarios dos xogadores.[11][12]
Sturm Graz
[editar | editar a fonte]A continuación puxo rumbo a Austria, onde asinou como novo xogador do Sturm Graz, da Bundesliga austríaca.[13] Debutou o 10 de marzo, nun partido ante o Red Bull Salzburgo no que entrou nos minutos finais como substituto do esloveno Sandi Lovrić.[14] Fíxose pouco despois coa titularidade, sendo un habitual no once inicial durante a seguinte tempada e media. Deixou o club ao remate da campaña 2019/20, despois de 46 partidos oficiais e 6 goles.
PAS Giannina
[editar | editar a fonte]En agosto de 2020 mudouse a Grecia, onde fichou polo PAS Giannina, que viña de ascender á Superliga.[15] Tras comezar como suplente nos primeiros partidos, pasou a ser titular indiscutible durante as seguintes dúas tempadas, nas que acabou noveno e sexto na liga respectivamente, ademais de acadar unhas semifinais da Copa de Grecia.[16]
Asteras Tripolis
[editar | editar a fonte]En 2022 cambiou Epiro polo Peloponeso, fichando polo Asteras Tripolis, tamén da máxima categoría grega. Disputou 10 partidos co equipo, ata que en abril de 2023 rescindiu o seu contrato co club e decidiu colgar as botas e regresar a Galicia.[17]
Selección galega
[editar | editar a fonte]Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1).
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Club | Tempada | División | Liga | Copa | Europa League | Total | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
Fabril | 2006/07 | Terceira | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
2007/08 | Segunda B | 4 | 0 | - | - | - | - | 4 | 0 | |
2008/09 | Segunda B | 18 | 1 | - | - | - | - | 18 | 1 | |
2009/10 | Terceira | 12 | 3 | - | - | - | - | 12 | 3 | |
Total club | 35 | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 35 | 4 | ||
Deportivo da Coruña | 2009/10 | Primeira | 13 | 0 | 2 | 0 | - | - | 15 | 0 |
2010/11 | Primeira | 20 | 0 | 1 | 0 | - | - | 21 | 0 | |
2011/12 | Segunda | 35 | 4 | 2 | 1 | - | - | 37 | 5 | |
2012/13 | Primeira | 24 | 1 | 2 | 0 | - | - | 26 | 1 | |
2013/14 | Segunda | 39 | 4 | 0 | 0 | - | - | 39 | 4 | |
2014/15 | Primeira | 22 | 1 | 2 | 0 | - | - | 24 | 1 | |
2015/16 | Primeira | 5 | 0 | 4 | 1 | - | - | 9 | 1 | |
Total club | 158 | 10 | 13 | 2 | 0 | 0 | 171 | 12 | ||
Mallorca | 2016/17 | Segunda | 30 | 1 | 1 | 0 | - | - | 31 | 1 |
Reus | 2017/18 | Segunda | 32 | 2 | 1 | 0 | - | - | 33 | 2 |
2018/19 | Segunda | 18 | 1 | 2 | 1 | - | - | 20 | 2 | |
Total club | 50 | 3 | 3 | 1 | 0 | 0 | 53 | 4 | ||
Sturm Graz | 2018/19 | Bundesliga | 12 | 0 | 0 | 0 | - | - | 12 | 0 |
2019/20 | Bundesliga | 28 | 4 | 4 | 2 | 2 | 0 | 34 | 6 | |
Total club | 40 | 4 | 4 | 2 | 2 | 0 | 46 | 6 | ||
PAS Giannina | 2020/21 | Superliga | 26 | 0 | 4 | 0 | - | - | 30 | 0 |
2021/22 | Superliga | 29 | 1 | 0 | 0 | - | - | 29 | 0 | |
Total club | 55 | 1 | 4 | 0 | 0 | 0 | 59 | 1 | ||
Asteras Tripolis | 2022/23 | Superliga | 9 | 0 | 1 | 0 | - | - | 10 | 0 |
Total carreira | 377 | 23 | 26 | 5 | 2 | 0 | 405 | 28 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo xuvenil
- División de Honra (1): 2007/08.
- Deportivo
- Segunda División (1): 2011–12.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Juan Domínguez se retira del fútbol y regresa a Galicia" (en castelán). 18 de abril de 2023. Consultado o 18 de abril de 2023.
- ↑ "La oportunidad soñada por Juan Domínguez". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2009. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Fuentes, Manuel (1 de decembro de 2016). "Entrevista a Juan Domínguez: inicios, sueños, el Deportivo y su momento actual" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Juan Domínguez: "El debut con el Deportivo es inolvidable"" (en castelán). 14 de decembro de 2009. Consultado o 8 de xullo de 2022.[Ligazón morta]
- ↑ Juan Domínguez firma ata 2013
- ↑ 6,0 6,1 Bouzas, Fabián (26 de maio de 2016). "El enigma Juan Domínguez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Juan Domínguez jugará cedido en el Mallorca". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 2016. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Reus, Jéssica (24 de agosto de 2017). "Juan Domínguez es el noveno refuerzo del Reus" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Juan Domínguez despediuse esta mañá "do Club da miña vida"". Deportivo da Coruña. 22 de agosto de 2017.
- ↑ "Juan Domínguez, nou jugador del CF Reus". Reus Deportiu. 23 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017. (en catalán)
- ↑ Rovira, Marc (29 de xaneiro de 2019). "LaLiga expulsa al Reus tres años y en la segunda vuelta sus rivales sumarán tres puntos". El País (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ Carballo, Pablo (4 de marzo de 2019). "Juan Domínguez: «Me siento mayor de lo que soy»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Juan Domínguez ficha por el Sturm Graz" (en castelán). 13 de febreiro de 2019. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Red Bull Salzburg 0-0 SK Sturm Graz". Transfermarkt (en inglés). 10 de marzo de 2019. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ Menéndez, Alberto (30 de agosto de 2020). "Juan Domínguez deja Austria y comienza nueva aventura en el extranjero" (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Juan Domínguez semifinalista de la Copa de Grecia, el más destacado de la semana." (en castelán). 7 de abril de 2021. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2022. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Juan Domínguez: "Me encuentro bien físicamente, pero estoy en un punto en el que quiero colgar las botas para dedicarle más tiempo a mi vida privada"". Onda Cero (en castelán). 17 de abril de 2023. Consultado o 18 de abril de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en futbol-talentos.es (en castelán).
- Datos do xogador en futbol.me (en castelán).
- Artigos con ligazóns externas rotas desde novembro de 2024
- Nados en 1990
- Nados en Pontedeume
- Futbolistas de Pontedeume
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Narón Balompé
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do CF Reus Deportiu
- Xogadores do SK Sturm Graz
- Xogadores do PAS Giannina FC
- Xogadores do Asteras Tripolis FC
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia