Juan Antonio Maceiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) |
Alcalde de Miño | |
2003 – 2013 (dimisión) – Jesús Veiga Sabín → | |
Actividade | |
Ocupación | político, médico, xogador de póker |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | María Maceiras |
Juan Antonio Maceiras Barros, nado en 1952, é un médico e político galego do PPdeG
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou a Miño como médico en 1990. Foi director xeral de Saúde Pública (1992-1994). Presentouse ás eleccións municipais de 2003 en Miño encabezando a CIM (Candidatura Independiente Miño) e foi elixido alcalde. En decembro de 2004 ingresou no PPdeG, e nas municipais de 2007 encabezou a candidatura deste partido e foi reelixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde tralas municipais de 2011, tamén con maioría absoluta, até a súa renuncia en xaneiro de 2013.[1]
É xogador de póker online e gañou o Sunday Million de PokerStars dúas veces[2]. A súa filla María Maceiras tamén é xogadora de póker.
Escándalo Fadesa
[editar | editar a fonte]Foi durante os seus mandatos primeiro coma independente baixo a CIM e despois reintegrándose no PPdeG cando Maceiras, que estivera en contra da macrourbanización, deu un xiro no seu discurso e defendeu a construción da urbanización Miño Costa Golf (anteriormente coñecida coma Costa Anácara) promovida por Fadesa e, en 2006, adquirida por Martinsa. Sobre este proxecto, que supuña a creación de 1.200 vivendas e un campo de golf máis en 2010, o Tribunal Supremo declarou ilegal a adquisición dos terreos e condenou o concello de Miño a indemnizar con 25 millóns de euros aos veciños afectados pola expropiación.[3]
Predecesor: Deogracias Romeu López |
Alcalde de Miño 2003 - 2013 |
Sucesor: Jesús Veiga Sabín |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Maceiras renuncia hoy a su cargo tras una década como alcalde de Miño". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2023-08-15.
- ↑ "Juan Maceiras 'Vietcong01': 'el 40 % del secreto del poker está en un concepto que, en gallego, se llama sentidiño'" Arquivado 23 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.,entrevista en poker10.com (en castelán).
- ↑ Pérez Pena, Marcos (12 de setembro de 2019). "O acordo do Concello de Miño cos expropiados de Fadesa achega a solución a un conflito xerado por "neglixencias institucionais"". praza.gal. Consultado o 15 de agosto de 2023.