Saltar ao contido

Jiraiya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Naruto
Nome real Jiraiya
Idade 50/51
Altura 191,2 cm
Peso 87,5 kg
Ocupación Sannin, Escritor
Aldea
  • Aldea Oculta de Konoha
  • País País do Lume
    Mestre Sarutobi,Fukasaku
    Equipo
  • Equipo Sarutobi (Terceiro Hokage, Orochimaru, Jiraiya, Tsunade)
  • Equipo Jiraiya (Jiraiya, Minato Namikaze, dous membros descoñecidos)
  • Relevancia Principal
    Familia Naruto (afillado)
    Seiyū Hōchū Ōtsuka
    Naruto: Shippūden
    Nome real Orochimaru
    Idade 54
    Altura 191,2 cm
    Peso 87,5 kg
    Ocupación Sannin
    Aldea Aldea Oculta de Konoha
    País País do Lume
    Relevancia Principal
    Seiyū Hōchū Ōtsuka
    Jutsu
    Senjutsu
  • Modo Ermitán
  • Rasengan
  • Senpō: Chō Ōdama Rasengan
  • Ninpō: Gama Daira Kage Ayatsuri no Jutsu
  • Ninpō: Gamaguchi Shibari no Jutsu
  • Ninpō: Hari Jizō
  • Ninpō: Kaeru Kaeru
  • Ninpō ∙ Kuchiyose ∙ Yatai Kuzushi no jutsu
  • Ninpō: Rajin Shigami no Jutsu
  • Senpō: Goemon
  • Senpō: Kebari Senbon
  • Doton: Yomi Numa
  • Katon: Dai Endan
  • Katon: Endan
  • Katon: Gamayu Dan
  • Katon: Gamayu Endan
  • Katon: Gōkakyū no jutsu
  • Kuchiyose no jutsu: Familia Gama
  • Kage Bunshin no jutsu
  • Tsukodome
  • Tōton Jutsu
  • Fūka Hōin
  • Gogyo Fuin
  • Gogyo Kaīn
  • Shikoku Fūin
  • Katon:Gouen rasengan
  • Armas
  • Pergameo do Sabio
  • Jiraiya (自来也?) é un personaxe de ficción do manga e anime Naruto.

    O seu nome significa literalmente trono xove, que é unha descrición da súa personalidade; reservado, aparecendo e desaparecendo de Konoha en calquera intre. Podía tamén ser unha referencia ó seu costume de ollar ás rapazas para escribir as súas novelas ou o forte que é á hora de loitar.

    Tanto o seu nome como os de Tsunade e Orochimaru veñen da novela xaponesa Jiraiya Goketsu Monogatari (児雷也豪傑物語, “O conto de Jiraiya o galante”).

    Jiraiya é un ex-estudante do Terceiro Hokage. Jiraiya e os seus compañeiros de equipo anteriores, Orochimaru e Tsunade, coñécense co nome dos “tres ninjas lendarios” ou Sannin. Máis adiante, Jiraiya convértese no mestre jōnin de Minato Namikaze (futuro Cuarto Hokage).

    Cando Minato se converte en Hokage, decide poñerlle o nome do protagonista do primeiro libro escrito por Jiraiya, chamado "A historia do ninja remuíño", ó seu fillo Naruto Uzumaki xa que segundo Minato é unha autobiografía de Jiraiya e gústalle a actitude do protagonista, o que converte a Jiraiya no padriño de Naruto.

    Cando era neno, Jiraiya fixo unha grande amizade, non carente de rivalidade, con Orochimaru. Pero cando este, anos despois traizoou a Konoha e fuxiu da Aldea, Jiraiya perseguiuno, intentando convencelo de que volvese. Orochimaru rexeitou a oferta e atacou a Jiraiya, marchándo de Konoha para sempre. Despois diso Jiraiya deixou Konoha de xeito que puidese seguir os movementos de Orochimaru. Máis tarde perseguiu á Organización Akatsuki, na que estivo Orochimaru.

    Aínda que era bastante zoupón cando era máis novo, Jiraiya é un ninja de Clase S, un xenio que se especializa en invocar sapos e empregar ninjutsu. O poder de Jiraiya é equivalente ó dun mestre kage. Jiraya foi titor dalgúns dos ninjas máis poderosos do manga (Naruto, Minato Namikaze, Pain/Nagato, Konan e Yahiko).

    O kanji que se ve no protector da fronte de Jiraiya (���, Abura) significa “aceite”, que ten que ver probablemente con uso do aceite de sapo e o seu ataque da chama-aceite con Gamabunta. Tamén pode referirse ó aceite da montaña dos sapos, que usaron tanto el coma Naruto para aprender a canalizar a forza da natureza, a enerxía necesaria para dominar o modo ermitán.

    Creou a técnica transparente de escape (Tōton Jutsu, 透遁術) para espiar a mulleres espidas sen ser visto. El nunca oculta realmente a súa perversión, e mesmo, parece estar moi fachendoso dela. A pesar disto, a Jiraiya non lle gusta que Naruto o chame Ero-sennin (エロ仙人).

    Un tempo despois de deixar Konoha, Jiraiya comeza a escribir novelas eróticas para adultos, sendo o seu traballo máis popular Ven ven Paraíso (イチャイチャパラダイス Icha Icha Paradaisu?). Nun episodio do recheo del anime, Naruto escribe unha continuación das novelas de Icha Icha asinando como Jiraiya e o libro volveuse moi popular, significando que Naruto é quen de escribir ó mesmo nivel que Jiraiya, ou que as capacidades de escritura de Jiraiya non son mellores que as dun neno. O éxito da serie de Icha Icha parece terlle proporcionado moitos cartos, pois o talonario de cheques de Jiraiya revela que é bastante rico.

    Misións Feitas

    [editar | editar a fonte]
    • Rango D: 58
    • Rango C: 345
    • Rango B: 684
    • Rango A: 614
    • Rango S: 138

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]