Jang-e jahāni-e sevvom
Jang-e jahāni-e sevvom | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | جنگ جهانی سوم |
Director | Houman Seyyedi |
Produtor | Houman Seyyedi |
Guión | Houman Seyyedi Arian Vazirdaftari Azad Jafarian |
Intérpretes | Mohsen Tanabandeh Mahsa Hejazi Neda Jebraeili Navid Nosrati |
Música | Bamdad Afshar |
Fotografía | Peyman Shadmanfar |
Montaxe | Houman Seyyedi |
Estudio | Namava |
Distribuidora | Iranian Independents Shayesteh Film |
Duración | 107 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Suspense e drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Jang-e jahāni-e sevvom (en persa: جنگ جهانی سوم) é un filme iraniano de 2022 coescrito, dirixido, producido e editado por Houman Seyyedi. Está protagonizado por Mohsen Tanabandeh, Mahsa Hejazi, Neda Jebraeili e Navid Nosrati. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Shakib (Mohsen Tanabandeh) é un xornaleiro sen fogar que perdeu a súa muller e o seu fillo nun terremoto hai anos. Durante os últimos dous anos, mantivo unha relación con Ladan (Mahsa Hejazi), unha muller xorda e muda. A obra na que traballa resulta ser o escenario dun filme sobre as atrocidades cometidas por Hitler durante a segunda guerra mundial. Contra todo prognóstico, danlle unha casa e unha oportunidade para toda a vida. Cando Ladan se entera do seu papel no cinema e da casa, ela chega ao seu lugar de traballo para pedir axuda e un lugar. O plan de Shakib para ocultala fracasa e ameaza con destruír a súa oportunidade de ser alguén.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mohsen Tanabandeh como Shakib
- Mahsa Hejazi como Ladan
- Neda Jebraeili
- Navid Nosrati como Nosrati
- Morteza Khanjani como Farshid
- Lotfollah Seyfi
- Hatem Mashmouli[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grober, Matt (19 de setembro de 2022). "'World War III': Houman Seyyedi's Venice Prize Winner Named As Iran's International Feature Oscar Entry". Deadline.com. Consultado o 19 de setembro de 2022.
- ↑ Ravindran, Nick Vivarelli,Manori; Vivarelli, Nick; Ravindran, Manori (2022-07-26). "Darren Aronofsky, Laura Poitras, Olivia Wilde, Alejandro G. Iñárritu, Florian Zeller Take New Movies to Venice – Full Lineup". Variety (en inglés). Consultado o 2022-09-06.