Jan Vertonghen
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (nl) Jan Bert Lieve Vertonghen 24 de abril de 1987 (37 anos) Sint-Niklaas, Bélxica (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 189 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 79 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Bélxica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Eredivisie, Premier League e Primeira Liga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 14 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Eurocopa de Fútbol Europa 2020 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 (4º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jan Bert Lieve Vertonghen (AFI: [ˈjɑn vərˈtɔŋə(n)]), nado en Sint-Niklaas, Flandres Oriental, o 24 de abril de 1987, é un futbolista internacional belga que xoga como defensa central para o SL Benfica da Primeira Liga portuguesa e para a selección de Bélxica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ajax AFC
[editar | editar a fonte]Despois de pasar algún tempo xogando nas inferiores do VK Tielrode e do Germinal Beerschot, Vertonghen trasladouse aos Países Baixos para fichar polo AFC Ajax, comezando desde as categorías. Inicialmente xogou de centrocampista, aínda que finalmente cambiou a súa posición á de defensa central, na cal se desempeña actualmente. Durante a súa instancia co equipo dos reservas, fíxose coñecido por un incidente nun partido de Copa ante o Cambuur, onde marcou un estraño gol: mentres un compañeiro seu estaba a recibir atención médica, deu un pase ao porteiro do Cambuur, pero este non atrapou o disparo, acaparando a atención dos xogadores e dos espectadores. O partido terminaría 3-1 a favor do filial ajacied.
O 23 de agosto de 2006 debutou nun partido da previa da Champions League 2006-07 ante o FC København danés, partido no que o equipo neerlandés quedou eliminado. Fixo ademais o seu debut na liga doméstica ante o Willem II, partido que se xogou no Amsterdam Arena e que se saldou con triunfo local por seis a cero. Até metade da tempada xogou outros dous encontros máis antes de irse cedido ao RKC Waalwijk, equipo onde a pesar de xogar 12 partidos e anotar 3 goles, non puido evitar o descenso de categoría.
Vertonghen regresou ao Ajax para a tempada 2007-08 co fin de asentarse na titularidade, pero unha lesión deixouno apartado das canchas, sumado á consolidación de John Heitinga e de Thomas Vermaelen, que eran os defensas centrais fixos. Aínda así, puido xogar nesa campaña 31 partidos, con dous goles no seu favor, mais o Ajax só acabou na segunda posición, a tres puntos do PSV Eindhoven que se coroou campión.
Despois que Heitinga fichase polo Atlético de Madrid a mediados do 2008, Vertonghen pasou a ser indiscutible, xogando 26 partidos, 23 como titular, marcando catro goles. O 28 de setembro de 2008 anotou un dobrete no triunfo do seu club sobre o Vitesse Arnhem (3-0). En parte perdeuse varios partidos debido a lesións que complicaron o seu regreso aos terreos de xogo.
En 2009, coa chegada de Martin Jol ao banco, Vertonghen foi peza fundamental para o equipo no curso 2009-10. Na campaña xogou 32 partidos, anotando tres goles. É de destacar non só a súa presenza como central absoluto, xunto co tamén belga Toby Alderweireld, senón que atraeu a atención de clubs importantes como o Barcelona ou o AC Milan. Na campaña 2009-10, gañou a copa local ao vencer en dobre final ao Feyenoord.
Na campaña 2010-11, disputou a maioría dos partidos de liga, sendo clave na consecución do título de liga, que non gañaban desde o ano 2004. Participou en 32 partidos, anotando seis goles. No campionato de copa, chegou a unha nova final, aínda que caeu na prórroga ante o FC Twente, mesmo rival na definición da liga.
O curso 2011-12 foi positivo, xa que volveu consagrarse campión de liga na penúltima data, finalizando cun saldo de 32 partidos en liga con oito goles, e na táboa terminou con 76 puntos tras 34 partidos en total.
Tottenham Hotspur
[editar | editar a fonte]Despois de moitas especulacións sobre a súa posíbel fichaxe por algún club importante de Europa, o 8 de xullo de 2012 o Tottenham Hotspur da Premier League inglesa oficializou a súa fichaxe por catro tempadas.[1] Vertonghen fixo o seu debut na Premier League o 25 de agosto de 2012, xogando o noventa minutos e recibindo un cartón amarelo no empate 1-1 do Tottenham ante o West Bromwich Albion en White Hart Lane.[2]
Anotou o seu primeiro gol cos Spurs o 26 de setembro de 2012, no partido do Tottenham contra o Carlisle United pola terceira rolda da Football League Cup.[3] Vertonghen volveu anotar tres días despois, convertendo o seu primeiro gol na Premier League e o primeiro de tres goles do Tottenham na histórica vitoria 3-2 sobre o Manchester United en Old Trafford.[4]
Títulos
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | Liga | Ano |
---|---|---|---|
Copa Neerlandesa | AFC Ajax | Países Baixos | 2009–10 |
Eredivisie | AFC Ajax | Países Baixos | 2010–11 |
Eredivisie | AFC Ajax | Países Baixos | 2011-12 |
Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Promesa do Ano do AFC Ajax | |
Xogador do Ano do AFC Ajax | |
Xogador neerlandés do Ano | |
Mellor xogador do mes de marzo Premier League | |
Equipo ideal da Premier League |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Spurs agree Vertonghen deal". ESPN.com (en inglés). 2012-07-08. Consultado o 2022-02-06.
- ↑ The Daily Mail, ed. (26 de agosto de 2012). "Tottenham 1-1 West Brom" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2014.
- ↑ The Telegraph, ed. (26 de setembro de 2012). "Carlisle United 0 Tottenham 3: Match report" (en inglés). Consultado o 3 de xullo de 2014.
- ↑ "Dempsey, Spurs end Old Trafford slide". ESPN.com (en inglés). 2012-09-29. Consultado o 2022-02-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en Soccerbase(en inglés)
- Perfil no sitio web oficial da FIFA Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.(en inglés)
- Nados en 1987
- Nados na rexión de Bruxelas-Capital
- Defensas de fútbol
- Futbolistas olímpicos de Bélxica
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do RKC Waalwijk
- Xogadores do Tottenham Hotspur FC
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores da selección de fútbol de Bélxica
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024