Saltar ao contido

Isaac Maceiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isaac Ventura Maceiras Rivas»)
Modelo:BiografíaIsaac Maceiras
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Pobra do Caramiñal
1999 – 2015 – Xosé Lois Piñeiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo A Pobra do Caramiñal Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Isaac Ventura Maceiras Rivas, nado na Pobra do Caramiñal o 7 de decembro de 1949, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Pósito da Pobra ata o bacharelato, e rematou a súa formación en Vigo. Foi comercial en La Onza de Oro e Galicia Calidade. En 1979 foi elixido concelleiro na Pobra do Caramiñal pola UCD, sendo tenente de alcalde de Segundo Durán. En 1995 volveu á política encabezando a candidatura do PPdeG, quedando un concelleiro por detrás do PSdeG e pasou a liderala oposición. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou novamente a candidatura do PPdeG á alcaldía da Pobra do Caramiñal e nesta ocasión foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas seguintes eleccións de 2003, 2007 e 2011 foi reelixido alcalde con maioría absoluta[1]. En outubro de 2014 anunciou que non se presentaría á reelección no 2015[2], polo que en xuño dese ano abandonou a alcaldía.


Predecesor:
Ramón Rego Mieites
 
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
19992015
Sucesor:
Xosé Lois Piñeiro García

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]