Ipiales
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Nariño | |||
Poboación | ||||
Poboación | 169.864 (2024) (99,51 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.707 km² | |||
Bañado por | Río Guáitara | |||
Altitude | 2.903 m | |||
Creación | 1581 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | ipiales-narino.gov.co |
Ipiales é un concello colombiano que se atopa no departamento de Nariño. Atópase sobre a fronteira con Ecuador; no Nó dos Pastos, no altiplano andino; relativamente preto da costa do océano Pacífico (aproximadamente a 5 horas en bus), ó pé de monte amazónico e á liña equinoccial; sendo unha rexión panamazónica.
A cidade e a municipalidade forman parte da conurbación binacional Tulcán-Ipiales onde viven 196.630 habitantes, aínda que estes datos poderían ser máis elevados xa que a cifra dada para o conello de Ipiales corresponde ó censo 2005 e a do cantón de Tulcán do censo 2010. Segundo estimacións para o 2012 a poboación de ambas as cidades aglomeradas é de ao redor de 260 000 de habitantes, e é por tanto a área metropolitana fronteiriza máis poboada da fronteira ecuatoriana e a segunda máis poboada de fronteiras colombianas; tendo Ipiales para o ano 2016 unha poboación estimada de 141 863 habitantes aproximadamente segundo as proxeccións do DANE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Ipiales, orixinalmente Piales, daquela Ipiales. O nome da cidade provén do cacicado Ipial, pertencente á etnia dos pastos. Á invasión dos incas a esta comarca, e posteriormente dos españois, que xa atoparon asentamentos organizados, susténtano os achados precolombinos, corroborándoo por escrito o cronista Pedro Cieza de León en 1545.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A lectura coidadosa da voluminosa cerámica e ourivaría atopada nas tumbas funerarias, nos pictógrafos e petróglifos dos Pastos. Biblioteca Rexional, Museo do Ouro, Banco da República, Pasto; e coleccións particulares.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 18 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)