Saltar ao contido

Impacto ambiental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O impacto ambiental é o efecto que produce unha determinada acción humana sobre o ambiente nos seus distintos aspectos. O concepto pode estenderse aos efectos dun fenómeno natural catastrófico. Tecnicamente, é a alteración da liña de base (ambiente) debido a acción antrópica ou eventos naturais.

Tipos de efectos

[editar | editar a fonte]

En función do tipo de actuación poden distinguirse varios tipos de efectos:

A avaliación dos impactos ambientais

[editar | editar a fonte]

Os impactos ambientais son considerados obxectos de estudo, tanto desde o campo científico como xurídico-administrativo. Desenvolvéronse metodoloxías de traballo e lexislación ó respecto, para a súa identificación, avaliación e regulación. Calquera intervención humana sobre o medio ambiental que leve consigo planificación ou programación, anteproxecto e proxecto de actuación, control de seguimento da actividade, debe sufrir en función das súas repercusións ambientais, unha avaliación de impacto ambiental (EIA). Isto realizase de acordo coa normativa vixente en cada nación, de cara súa aceptación (total ou con medidas correctoras) ou rexeitamento.

A EIA é unha actividade prescrita tanto por directivas da UE ("Avaliación dos impactos sobre o medio ambiente de certas obras públicas e privadas") como pola lexislación do noso pais[Cómpre clarificar].

Identificación, descrición e avaliación dos impactos ambientais

[editar | editar a fonte]

Nunha avaliación dos impactos ambientais é necesario, primeiramente, realizar unha identificación das actividades ou accións que se realizarán durante as distintas fases de execución do proxecto, susceptibles de provocar impactos, os cales son resumidos, para a confección da matriz de identificación e avaliación de impactos.

Exemplo destas actividades ou accións por fases do proxecto temos:

  • Fase de Instalación
    • Movemento de terra.
    • Montaxe da obra.
  • Fase de Operación
    • Recepción e trituración do mineral
  • Fase de Abandono
    • Rehabilitación da área

Seguidamente procédese a identificar os impactos ambientais que son provocados polo proxecto en cada un dos factores ambientais afectados.

Adoita suceder que durante a avaliación algunhas compoñentes non sexan analizadas porque non existe afectación, debido á deterioración que poida existir ou que a área é industrial e estea afectada polo transcurso de longos anos de explotación da fábrica etc.

Matriz de identificación e descrición de impactos

[editar | editar a fonte]

Unha vez identificados os impactos por compoñentes ambientais procédese a elaborar a matriz de identificación e descrición e avaliación de impactos ambientais. A matriz deséñase de modo que integre as actividades do proxecto nos impactos identificados. Desta forma pódese determinar cales son accións que contribúen a producir o impacto, e polo tanto débese intervir en devanditas actividades e modificalas, se é posible, para neutralizar ou minimizar o impacto.

A matriz de identificación e avaliación de impactos ambientais componse de dous sectores:

No primeiro sector, na columna inicial relaciónanse todas as compoñentes ambientais estudadas en devandita Avaliación de Impacto Ambiental (EIA), seguidamente (a partir da segunda columna) indícanse as actividades avaliadas no proxecto, este terá columnas cantas actividades foron establecidas, xeralmente non menos de tres correspondentes ás fases de movemento de terra, instalación do equipamento, operación da instalación e abandono. Na próxima columna, logo das accións, corresponde relacionar todos os impactos ambientais detectados e avaliados, ordenados por compoñentes ambientais, esta columna constitúe o enlace entre o primeiro e o segundo sector da matriz, porque se utiliza en ambos. Unha vez relacionados todos os impactos ambientais procédese a sinalar (pode ser cunha X) en cal ou cales das actividades ten lugar o impacto.

No segundo sector relaciónanse e avalíanse os 9 criterios avaliación os cales relacionamos a continuación:

Valoración dos criterios de avaliación

[editar | editar a fonte]

A valoración dos criterios preséntase a continuación: A Natureza do impacto pode ser:

  • (+) positivo
  • (-) negativo
  • (N) neutro, se o impacto non produce efecto significativo na compoñente.
  • (X) previsible, pero difícil de cuantificar sen estudos previos.

Certeza do impacto

[editar | editar a fonte]

A Certeza do impacto pode ser:

  • (C) certo, impacto ocorrerá cunha probabilidade > 75 %
  • (D) probable, impacto ocorrerá cunha probabilidade entre 50 e 75 %.
  • (I) improbable, requírese de estudos específicos para avaliar a certeza do impacto.

Tipos de impacto

[editar | editar a fonte]

Para Tipo utilizáronse as seguintes ponderacións:

  • (Pr) primario, o impacto é consecuencia directa da construción do proxecto, da súa operación.
  • (Sc) secundario, o impacto é consecuencia indirecta da construción ou operación do proxecto.
  • (Ac) acumulativo, impactos individuais repetitivos dan lugar a outros de maior impacto.

Tempo de ocorrencia do impacto

[editar | editar a fonte]

Para Tempo en Aparecer utilizáronse as seguintes ponderacións:

  • (C) curto prazo, aparece inmediatamente ou dentro dos seis meses posteriores á construción.
  • (M) mediano prazo, aparece entre 6 meses e cinco anos logo da construción.
  • (L) longo prazo, maniféstase 5 ou máis anos logo da construción.

Inclusión do impacto no deseño do proxecto

[editar | editar a fonte]

No que respecta a se o impacto foi considerado no deseño e operación do proxecto, utilizouse:

  • (S) se o impacto foi considerado no proxecto
  • (N) o impacto non foi considerado no proxecto.

Criterios de natureza valorativa cuantificable

[editar | editar a fonte]

Magnitude (Intensidade e Área)

[editar | editar a fonte]
  • (1) baixa intensidade, a área afectada é inferior a 1 ha ou non afecta significativamente a liña base.
  • (2) moderada intensidade, a área afectada comprende entre 1 e 10 ha pero pode ser atenuada ata niveis insignificantes
  • (3) alta intensidade, a área afectada polo impacto é maior de 10 hectáreas.

Importancia

[editar | editar a fonte]
  • (0) sen importancia
  • (1) menor importancia
  • (2) moderada importancia
  • (3) importante

Reversibilidade

[editar | editar a fonte]
  • (1) reversible
  • (2) non reversible

Duración

[editar | editar a fonte]
  • (1) curto prazo, se o impacto permanece menos de 1 ano
  • (2) mediano prazo, se o impacto permanece entre 1 e 10 anos
  • (4) longo prazo, se o impacto permanece por máis de 10 anos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]