Ignacio Codesido
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1956 (68 anos) Touro, España |
Alcalde de Touro | |
maio de 1994 – 2023 – Roberto Castro Rocamonde → | |
Alcalde de Touro | |
xaneiro de 1990 – 1991 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Touro |
Ocupación | político, empregado de banca |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Partido Popular |
Membro de |
Ignacio Codesido Barreiro, nado en Touro o 20 de outubro de 1956, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empregado de Caixa Galicia en excedencia. Entrou en política como concelleiro de Touro en 1987 como cabeza de lista do CDS. En xaneiro de 1990 fíxose coa alcaldía a través dunha moción de censura. Presentouse ás eleccións de 1991 como independente resultando ser a forza máis votada, porén non conseguiu a alcaldía por un pacto entre PPdeG e PSdeG-PSOE. Volveu ser alcalde en maio de 1994, tras unha moción de censura apoiada polos socialistas. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE, obtivo a maioría absoluta e continuou de alcalde. En decembro de 1998 abandonou a disciplina socialista para encabeza-la candidatura do PPdeG nas municipais de 1999, porén tras diferentes desencontros coa formación conservadora foi cabeza de lista de Democracia Galega e revalidou a alcaldía con maioría absoluta.
En xuño de 2002 anunciouse a integración do seu grupo de goberno no PPdeG, co cal viña gobernando en coalición trala marcha dun edil do seu grupo que o deixou en minoría,[1] Nas eleccións municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta como cabeza de lista do PPdeG. Volveu ser elixido polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2023 retirouse como candidato e foi substituído á fronte do PPdeG por Jesús Reboredo González.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2002-06-12). "Democracia Galega de Touro se integrará en la candidatura del PP". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2001/01/04/xunta-vertera-touro-harinas-resultantes-tratar-reses-cataluna/0003_361014.htm
- https://elpais.com/diario/2001/01/09/sociedad/978994807_850215.html
- https://www.publico.es/tremending/2018/03/28/el-alcalde-del-pp-de-touro-hace-pedazos-literalmente-las-quejas-de-sus-vecinos/
- Entrevista en El Correo Gallego
Predecesor: Ramón Diéguez Reboredo |
Alcalde de Touro 1990 - 1991 |
Sucesor: Ramón Diéguez Reboredo |
Predecesor: Ramón Diéguez Reboredo |
Alcalde de Touro 1994 - 2023 |
Sucesor: Roberto Castro Rocamonde |