Saltar ao contido

Girolamo Fracastoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGirolamo Fracastoro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1478 Editar o valor en Wikidata
Verona, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de agosto de 1553 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Affi, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Boloña
Universidade de Padua Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico escritor, xeógrafo, astrónomo, matemático, poeta, epidemiólogo, profesor de educación superior Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Padua Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPietro Pomponazzi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Biblioteca dixital BEIC
Medvik >>>:Fracastoro, Girolamo, 1478-1553, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1273580

Girolamo Fracastoro, nado en Verona o 17 de marzo de 1478 e finado en Affi o 8 de agosto de 1553, foi un médico e erudito italiano. Escribiu dous libros de alto interese na historia da medicina: un é un poema para informar sobre un mal novo aterrador en Europa, a sífilis; o outro libro é De contagionibus, que prové unha nova teoría sobre os contaxios das enfermidades, considerado como o primeiro texto que fala disto na historia da medicina. Renomeado médico, Fracastoro pertenceu ao renacemento italiano e ao humanismo clásico. Tiña un grande interese polos novos descubrimentos, como, por exemplo, en astronomía, onde se podería dicir dalgún xeito que se anticipou a Copérnico. Tamén fixo contribucións en aspectos médicos da botánica.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]
Estatua de Fracastoro na Praza dos Señores (Verona)
Girolamo Fracastoro.
Girolamo Fracastoro.

Girolamo Fracastoro naceu na cidade veneciana de Verona en 1478. Estudou leis en Boloña antes de entrar na Universidade de Padua, ao redor de 1501. Naquela prestixiosa universidade, Fracastoro estudou matemáticas e filosofía, como tamén medicina, e obtivo o grao de bacharel no ano 1502. Foi profesor durante algo máis dun ano, pero logo retirouse a Verona a exercer a medicina, alcanzando o éxito e o recoñecemento.[2]

Syphilis sive morbus Gallicus

[editar | editar a fonte]

Entre as moitas enfermidades que Fracastoro atendeu, había unha que parecía nova. Horrible na maioría dos seus síntomas, falábase dela ao longo de toda Europa, pero con distintos nomes: o "mal francés" ou o "proído napolitano" entre outros. Durante o século XVI xa se manexaba un termo común, "o mal francés". A esta enfermidade, Fracastoro chamouna sífilis, pero este nome non se fixo común até principios do século XIX.[3]

Fracastoro publicou no ano 1530, Syphilis sive morbus Gallicus, obra dedicada ao Cardeal Pietro Bembo, un coñecido erudito, ademais de secretario papal. O poema ten 3 libros. No primeiro, Fracastoro describe os inicios da enfermidade e a confusión que causou. O segundo trata sobre os diversos tratamentos. E o terceiro texto é a historia alegórica dun pastor que se chama Syphillus, que por adorar un rei mundano, recibe o castigo do Deus Sol. En consecuencia sofre a enfermidade. O poema foi traducido a varias linguas e publicado en máis de 100 edicións. A súa extensa distribución, testemuñaba sobre a prevalencia e severidade da enfermidade.[4]

De contagione et contagiosis morbis

[editar | editar a fonte]

O outro libro importante de Francastoro é De contagione et contagiosis morbis, publicado en 1546. É unha perspicaz comparación de observación e razoamento. A súa teoría ofrece tres posibilidades interrelacionadas para explicar a natureza do contaxio de enfermidades en xeral. A primeira, a enfermidade pode ser transmitida por contacto directo. A segunda posibilidade é a través do que el chamou "fomes". Estes son vectores de infección que hospedan a semente esencial do contaxio e esta causa a infección. A terceira categoría é a transmisión a distancia.[5]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Afamado e celebrado polas súas actividades académicas, Fracastoro foi honrado por príncipes e solicitado polos clérigos. Durante un tempo, o papa Paulo III nomeouno medicus ordinarius, polo que recomendou trasladar o Concilio de Trento a Boloña, para así evitar unha epidemia de peste. Pero Fracastoro pronto volveu á súa cidade, onde faleceu dun infarto o 8 de agosto de 1553, á idade de 75 anos. Logo de dous anos, os veroneses honrárono cun monumento en pedra situado na Praza dos Señores.[6]

  1. Simmons, J.G. (2002). "Girolamo Fracastoro". Doctors & Discoveries: Lives that created today's medicine (páx. 127). Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-15276-8. 
  2. Simmons, J.G. (2002). "Girolamo Fracastoro". Doctors & Discoveries: Lives that created today's medicine (páx. 127). Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-15276-8. 
  3. Simmons, J.G. (2002). "Girolamo Fracastoro". Doctors & Discoveries: Lives that created today's medicine (páx. 128). Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-15276-8. 
  4. Simmons, J.G. (2002). "Girolamo Fracastoro". Doctors & Discoveries: Lives that created today's medicine (páx. 129). Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-15276-8. 
  5. Simmons, J.G. (2002). "Girolamo Fracastoro". Doctors & Discoveries: Lives that created today's medicine (páx. 130). Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-15276-8. 
  6. Simmons, J.G. (2002). "Girolamo Fracastoro". Doctors & Discoveries: Lives that created today's medicine (páx. 131). Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-15276-8.