Giovanni Battista Tiepolo, tamén coñecido como Gianbattista ou Giambattista Tiepolo, nado o 5 de marzo de 1696 e finado o 27 de marzo de 1770, foi un pintor veneciano, considerado o último dos pintores manieristas.
A súa obra fundamentalmente está composta de ciclos de frescos con temas alegóricos, históricos e mitolóxicos, ademais dun bo número de lenzos de carácter relixioso. O seu estilo é grandioso, sofisticado e hiperbólico, as súas escenas evocan unha dimensión terrea esaxerada ata o infinito e ficticia, cromaticamente marcada por unha paleta de cores frías e irreais, creada usando un ton prateado que se reflicte nos obxectos e nas figuras, perdendo toda consistencia plástica.