Final da Copa do Rei de fútbol 2001/02
Tipo | association football final (en) ![]() ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Parte de | Copa do Rei de fútbol 2001/02 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Santiago Bernabéu (Madrid, Spain) 40°27′11″N 3°41′18″O / 40.45306, -3.68835 ![]() |
País | España ![]() |
Data | 6 de marzo de 2002 ![]() |
Competición | |
Árbitro | Manuel Mejuto González ![]() |
Primeiro posto | Deportivo da Coruña ![]() |
Datos estatísticos | |
Número de espectadores | 75.000 ![]() |
A final da Copa do Rei de fútbol 2001/02 foi a centésima final desde a creación da competición. Tivo lugar o 6 de marzo de 2002 no estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, e foi disputada entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña, con arbitraxe de Manuel Mejuto González. O Deportivo levantou o trofeo por segunda vez na súa historia cunha vitoria por 1-2, nun partido que pasou á historia como o Centenariazo, pois ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid.[1][2][3]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Foi a 35ª final de Copa do Rei para o Real Madrid, que contaba naquel momento con 17 títulos nas súas vitrinas. Facía dez anos dende a súa última presenza nunha final de Copa, a que perdera contra o Atlético de Madrid na campaña 1991/92. Para o Deportivo da Coruña foi a segunda final, sete anos despois da conquista do seu primeiro título contra o Valencia no mesmo estadio, o Santiago Bernabéu. No campionato de liga, o Real Madrid, vixente campión, ocupaba naquel momento a segunda posición, a un punto do líder, o Valencia; mentres que o Deportivo era terceiro.
O Real Madrid chegou á final eliminando polo camiño ao Pájara Playas, a UD Lanzarote, o Nàstic, o Rayo Vallecano e o Athletic de Bilbao. Pola súa banda, o Deportivo derrotou a Marino de Luanco, Cultural Leonesa, L'Hospitalet, Valladolid e Figueres. Por petición do Real Madrid, a RFEF elixiu como sede da final o Estadio Santiago Bernabéu e como data o 6 de marzo, o día no que o club cumpría 100 anos de historia.[4]
A final
[editar | editar a fonte]Resumo do partido
[editar | editar a fonte]O Deportivo saíu cun xogo ofensivo dende o primeiro momento e aos 2 minutos Diego Tristán tivo a primeira ocasión de gol, cun lanzamento dende a beira da área que puxo nun apuro a César.[5] Cando aínda non se cumpriran 6 minutos, chegou o primeiro gol para o equipo galego, obra de Sergio nunha xogada individual na que lle realizou un caneo a Fernando Hierro antes de internarse na área e superar ao porteiro do Real Madrid. Aos 38 minutos o Deportivo anotou o segundo, despois de que Diego Tristán rematase á portería un pase de Valerón.[5] No descanso Vicente del Bosque retirou a Pavón e deu entrada a Solari. O equipo conseguiu recortar distancias cun gol de Raúl a pase de Morientes, pero o Deportivo continuou dominando e o partido acabou co 1-2 no marcador.[5]
Detalles do partido
[editar | editar a fonte]Real Madrid | 1 - 2 | Deportivo da Coruña | 6 de marzo de 2002, 21:00 (CET) – Santiago Bernabéu, Madrid Asistencia: 75.000 Árbitro: Mejuto González |
Raúl ![]() |
Informe |
Sergio ![]() Tristán ![]() | |
Aliñacións
[editar | editar a fonte]![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Real Madrid
|
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Deportivo
|
|
|
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]O partido pasou á historia co alcume de Centenariazo, xa que ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid, e o club tiña preparada unha gran celebración, que pensaba culminar co título de Copa. Agardábase que o equipo branco gañase a final con comodidade, xa que nese momento era un dos equipos máis competitivos de Europa (dous meses despois proclamouse campión de Europa) e a final disputábase no seu estadio, o Santiago Bernabéu.[1][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cordovilla, Anna (6 de marzo de 2017). "Hoy se cumplen 15 años del ‘Centenariazo’". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "Centenariazo 2002" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "Copa del Rey 2001/2002 - Final". footballdatabase.eu (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ Ortuño, Rubén (10 de febreiro de 2018). "El Centenariazo: una cura de humildad al madridismo" (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Zárate, Óscar (7 de marzo de 2002). "La crónica". Mundo Deportivo (en castelán). p. 2. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "O 'Centenariazo', o último título grande do Deportivo". La Opinión A Coruña (en castelán). EFE. 5 de marzo de 2012. Consultado o 22 de outubro de 2021.