Saltar ao contido

Fiadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As fiadoras ou mouras son seres mitolóxicos que fían os fíos da vida das persoas. Aparecen tamén nas mitoloxías clásicas e as veces nas representacións cristiás.

Tamén se lle chama vella, bruxa ou meiga, e sempre corre risco a vida das persoas que tropezan con elas. Adoitan aparecer en lugares de paso, preferentemente pontes. Teñen unha forza descomunal e poden carrexar penedos xigantescos. É o caso da pena dos Mouros de Donalbai, en Begonte, que levou unha moura na cabeza.[1]

[editar | editar a fonte]

De vez en cando aparece unha muller fiando na ponte de Amorín, entre as parroquias de Barncelle e Corvite. Se o que pasa por alí non lle fai caso nin tropeza na roca, non lle pasa nada e dille a moura: Ben deitache! Pero se tropeza, lévao polo aire.

Na ponte Ferreiros, en Monteouto, cando algún home quería cruzar entre Abadín e Vilalba, aparecían dúas mulleres fiando unha a cada lado da ponte. Só podían cruzar se levaban un rosario e cando o sacaban desaparecían as mulleres. Ás veces a fiadora resulta coñecida. É estraño que estea alí de noite tan soa, dándolle á roca. Se o home di algo, ela responde: Tira para diante e vai caladiño, vai caladiño! O mellor é obedecer.

As fiadoras noutras culturas

[editar | editar a fonte]

A deusa xermánica dos infernos (Hell) chamábase Hellda, Hollda e adaptou a figura das moiras e foi patroa dos fiandóns e das bruxas e da cacería salvaxe.

  1. Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]