Saltar ao contido

McDonnell Douglas F-4 Phantom II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «F-4 Phantom II»)
F-4 Phantom II
Tipocazabombardeiro
FabricanteMcDonnell Douglas
Primeiro voo27 de maio de 1958
Introducido30 de decembro de 1960
Estadoactivo
Produción1958 - 1981
Unidades construídas5.195

O McDonnell Douglas F-4 Phantom II é un cazabombardeiro supersónico bipraza de longo alcance producido para as forzas armadas dos Estados Unidos por McDonnell Douglas. Entrou en servizo en 1960 como o primeiro interceptor moderno embarcado para a Armada dos Estados Unidos. Demostrando unha gran capacidade de adpatación tamén foi adoptado polo Corpo de Marines e pola Forza Aérea, converténdose cara mediados dos anos 60 no principal avión das súas respectivas unidades aéreas.

O Phantom é un caza que pode acadar unha velocidade de Mach 2,2 e pode cargar 8.400 kg de armas en nove soportes externos, incluídos mísiles aire-aire e aire-terra e varios tipos de bombas. O F-4, ao igual que outros interceptadores da súa época, foi deseñado sen un canón interno, pero os últimos modelos incorporaron un canón rotatorio M61 Vulcan. A comezos de 1959 bateu 15 récodrs mundiais de comportamente en voo, incluídos un récord de velocidade absoluta e outro de altitude absoluta.

O F-4 foi usado extensamente durante a Guerra do Vietnam, sendo o principal caza de superioridade aérea da Mariña e da Forza Aérea estadounidense, ademais de ser un importante avión de ataque ao chan e recoñecemento nas últimas etapas da guerra. O Phantom ten a distinción de ser o derradeiro caza dos Estados Unidos que conseguiu a categoría de as no século XX. Durante a Guerra do Vietnam a USAF tivo un piloto e dous operadores de armas que conseguiron derrubar cinco cazas inimigos, e a USAF tivo un piloto e un oficial de radar que tamén o conseguiron, converténdose en ases no combate aéreo. O F-4 continuou sendo o principal caza estadounidense durante os anos 70 e 80, sendo aos poucos substituído por avións máis modernos como o F-15 Eagle e o F-16 Fighting Falcon na Forza Aérea; o Grumman F-14 Tomcat e o F/A-18 Hornet na Mariña; e o F/A-18 no Corpo de Marines.

O F-4 Phantom II continuou en servizo nos Estados Unidos como avión de recoñecemento e "Wild Weasel" (supresión das defensas aéreas inimigas) na Guerra do Golfo de 1991, sendo finalmente retirado en 1996.

O F-4 Phantom II foi concibido como un interceptador de longo radio de acción para a Mariña dos Estados Unidos, pero tamén con capacidade de proporcionar apoio en accións de ataque a terra, á Infantaría de Mariña. Inicialmente o F-4 foi desenvolvido por iniciativa de McDonnell Aircraft en 1953, coa intención de ofrecer un cazabombardeiro todo-tempo, despois de perder un concurso convocado pola Mariña.

Ese ano McDonnell Aircraft comezou a traballar na revisión do seu caza naval F3H Demon, buscando ampliar as súas capacidade e mellorar as súas características. A compañía desenvolveu varios proxectos, incluído unha variante equipada cun motor Wright J67, e outras con dous Wright J65 ou dous General Electric J79. A versión impulsada polos J79 prometía unha velocidade de Mach 1.97. O 19 de setembro dese ano, McDonnell propúxolle á Mariña dos Estados Unidos o "Super Demon". Excepcionalmente, o avión debía ser modular; cun ou dous asentos para distintas misións, con diferentes conos no morro para levar radar, cámaras fotográficas, catro canóns de 20 mm, ou 56 foguetes non guiados FFAR ademais de nove puntos de ancoraxe para armas baixo a fuselaxe e as ás. A mariña estivo suficientemente interesada como para ordenar unha maqueta en tamaño real do F3H-G/H, pero sentiu que os próximos Grumman XF9F-9 e Vought XF8U-1 tamén poderían satisfacer a necesidade dun caza supersónico.

Un F4H-1F no USS Independence

O deseño de McDonnell foi polo tanto revisado para convertelo nun cazabombardeiro todo-tempo con 11 soportes externos, e o 18 de outubro de 1954 a compañía recibiu unha carta pedindo dous prototipos do YAH-1. O 26 de maio de 1955 catro oficiais da Mariña chagaron ás oficinas de McDonnell offices e, despois dunha hora, presentáronlle á compañía un novo conxunto de requisitos. Debido a que a Mariña aínda tiña o Douglas A-4 Skyhawk para ataque a terra e o F-8 Crusader como caza, o proxecto agora tiña que cumprir coa necesidade dun interceptador para a frota todo-tempo. Un segundo tripulante foi engadido para operar o potente radar.

Prototipo XF4H-1

[editar | editar a fonte]

O XF4H-1 foi deseñado para levar catro mísiles guiados por radar AAM-N-6 Sparrow III semi-empotrados, e para ser impulsado por dous motores J79-GE-8. Ao igual que no McDonnell F-101 Voodoo, os motores instaláronse na parte baixa da fuselaxe para maximizar a capacidade interna de combustible e a inxesta de aire a través das tomas de xeometría fixa. A delgada á tiña un bordo de ataque de 45° e estaba equipada cun sistema de control das súas zonas límite para mellorar o seu manexo a velocidades baixas.

As probas no túnel de vento revelaron unha inestabilidade lateral que requiría un engadido de 5° de diedro ás ás. Para evitar redeseñar a sección central de titanio do avión, os enxeñeiros de aumentaron o ángulo só das partes externas das ás 12º, que facían unha media dos 5º requiridos para toda a envergadura. As ás tamén recibiron a distintiva forma "dogtooth" (dente de can) para mellorar o control en ángulos de ataque altos. Os estabilizadores completamente móbiles tiñan un ángulo de 23º para mellorar o control a ángulos de ataque altos mentres que se mantiñan fora da zona de expulsión de gases do motor. Ademais, as tomas de aire estaban equipadas con ramplas movibles para regular o fluxo de aire cara aos motores a velocidades supersónicas. A capacidade de interceptador todo-tempo foi conseguida grazas ao radar AN/APQ-50. Para poder operar en portaavións, o tren de aterraxe deseñouse para soportar aterraxes cunha taxa de caída de 7 m/s, mentres que a pata do morro podía estenderse uns 50 cm para incrementar o ángulo de ataque na engalaxe.

O 25 de xullo de 1955, a Mariña pediu dous XF4H-1 de probas e cinco YF4H-1 de pre-produción. O Phantom realizou o seu priemro voo o 27 de maio de 1958 con Robert C. Little nos controis. Un problema hidráulico impediu a retracción do tren de aterraxe, pero os seguintes voos transcorreron sen problemas. Tras as primeiras probas tiveron que redeseñarse as tomas de aire, incluíndo a distintiva adición de 12.500 buratos para "purgar" o aire límite de movemento lento da superficie de cada rampla das tomas. O avión pronto se enfrontou co XF8U-3 Crusader III. Debido á carga de traballo do operador a Mariña quería un avión con dous asentos, polo quen o 17 de decembro de 1958 o F4H foi declarado gañador. Atrasos cos motores J79-GE-8 fixeron que o primeiro exemplar de produción se equipase con motores J79-GE-2 e −2A. En 1959, o Phantom comezou as probas de idoneidade en portaavións, realizando o primeiro ciclo completo de lanzamento-recuperació o 15 de febreiro de 1960 no USS Independence.

Houbo propostas para chamar ao F4H "Satan" e "Mithras", o deus persa da luz. Finalmente o avión recibiu un nome menos controvertido, "Phantom II" (o primeiro "Phantom" fora outro caza de McDonnell, o FH-1 Phantom). O Phantom II recibiu brevemente a designación F-110A e o nome "Spectre" pola USAF, pero ese nome nunca foi usado.

Produción

[editar | editar a fonte]

Nas priemiras etapas da produción, o radar foi actualizado ao máis grande AN/APQ-72, que requiría un nariz bulboso, e a copa foi revisada para mellorar a visibilidade e facer a cabina posterior menos claustrofóbica. Durante a súa carreira o Phantom sufriu numerosos cambios na forma das distintas variantes desenvolvidas.

A USAF recibiu Phantoms como resultado da presión do secretario de defensa Robert McNamara para crear un caza unificado para todas as ramas do exécito. En xaneiro de 1962 a USAF pediu prestados dos F-4B navais e desenvolveu requirimentos para a súa propia versión. A diferenza que a Mariña, que se centrara na intercepción, a USAF emfatizou o seu rol de cazabombardeiro. Coas unificación de designacións de McNamara o 18 de setembro de 1962, o Phantom coverteuse no F-4, designándose a versión naval F-4B e a da USAF F-4C. O primeiro exemplar para a Forza Aérea voou o 27 de maio de 1963, pasando de Mach 2 no seu voo inaugural.

A produción do Phantom II nos Estados Unidos rematou en 1979, despois de que fosen fabricados 5.195 exemplares (5.057 por McDonnell Douglas e 138 no Xapón por Mitsubishi). Deles, 2.874 foron para a USAF, 1.264 para a Mariña e os Marines, e o resto para outros países. Os últimos avións construídos nos Estados Unidos foron marcados por Turquía, mentres que os derradeiros F-4 fabricados rematáronse en 1981 como F-4EJ por Mitsubishi Heavy Industries. No ano 2008, 631 Phantoms aínda permanecían en servizo activo en todo o mundo, mentres que nos Estados Unido era usado unicamente como obxectivo non tripulado.