Fårö
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Gotland, Suecia | |||
| ||||
Bañado por | Mar Báltico | |||
Características | ||||
Dimensións | 8,4 () × 20,2 () km | |||
Superficie | 114 km² | |||
Fårö é unha illa do mar Báltico xusto ao norte de Gotland, no sueste de Suecia. É a segunda illa máis grande da provincia e é un popular destino turístico en verán. Ten o seu propio dialecto, o faroymal, que á súa vez é dialecto do gutnish. Antigamente foi unha parroquia (socken) que incluía á illa de Gotska Sandön. O 1 de xaneiro de 2016 foi reconstituída na área administrativa do distrito de Fårö.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome "Fårö" (en gutnish "Faroy") deriva das palabras "ö", que significa illa, e probablemente "far-", unha palabra asociada coa viaxe, como no verbo sueco "fara" (viaxar). A palabra Fårö probablemnete significa a illa á que tes que viaxar ou a illa dos viaxeiros. Os suecos do continente adoitan a malinterpretar o nome ao pensar que deriva de får, a palabra estándar do sueco para ovella, debido á gran cantidade destes animais que hai na illa. Esa palabra non existe no gutnish moderno, que usa o termo "lamm", que en sueco é cordeiro.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa está separada de Gotland polo pequeno estreito de Fårö, e conéctase a ela con ferris gratuítos operados por Trafikverket (Administración Sueca de Transporte).[2] Ten unha superficie total de 111,35 metros cadrados, dos cales 9,7 son áreas de auga ou illotes.
Nas illas de Fårö e Gotland hai formacións rochosas chamadas "Rauk" que son resultado da erosión durante a Idade de Xeo e son únicas nestas illas. En Fårö son famosos os rauks de Langhammars, no norte da illa.
Patrimonio cinematográfico
[editar | editar a fonte]O directo de cine sueco Ingmar Bergman viviu e morreu en Fårö e varias das súas películas filmáronse alí, entre elas Como nun espello (1961), Persona (1966), Vargtimmen (1968), Skammen (1968), Paixón (1969) e Scener ur ett äktenskap (1972).[3] Tamén se rodou alí o filme de Liv Ullmann Trolösa (2000), baseado nun guión de Bergman. A Bergmanveckan (semana de Bergman) é un evento dunha semana de duración que se celebra para honrar o director cada ano no mes de xuño.[4] Ademais existe na illa o Bergmancenter, un centro cultural dedicado á vida e á obra do director.[5] Bergman está enterrado no cemiterio da igrexa de Fårö, a 500 metros do Bergmancenter.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Regeringskansliet (ed.). "Förordning om distrikt;" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2018. Consultado o 4 de abril de 2018.
- ↑ Gotland.net (ed.). "Fåröfärjan". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 4 de abril de 2018.
- ↑ The New York Times (ed.). "The Enchanted Island That Bergman Called Home". Consultado o 4 de abril de 2018.
- ↑ The Boston Globe (ed.). "For movie fans, an island getaway beckons". Consultado o 4 de abril de 2018.
- ↑ Bergmancenter (ed.). "Välkommen till Bergmancenter". Consultado o 4 de abril de 2018.