Emblema de Brunei
Aparencia
O emblema de Brunei está composto por unha lúa crecente que simboliza o islam, xunto cun parasol real (chamado Payung Ubor-Ubor) que representa a monarquía. Sobre o media lúa está escrito, en escrita árabe, o lema nacional: "Sempre en servizo con orientación de Deus". Os soportes do escudo son un par de mans con luvas e por debaixo atópase un listón coa inscrición árabe "Brunei Darussalam" ("Brunei, patria da paz"). Orixinalmente adoptado en 1932, o escudo de Brunei foi aprobado o 29 de agosto de 1959.