Saltar ao contido

Elliot Page

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElliot Page

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ellen Grace Philpotts-Page Editar o valor en Wikidata
21 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Halifax, Canadá Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónQueen Elizabeth High School (en) Traducir
Vaughan Road Academy (en) Traducir
Shambhala School (en) Traducir
Halifax Grammar School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, Produción de cinema, dirección de cine e Activismo Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Beverly Hills Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeEmma Portner (–2021) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0680983 Allocine: 93216 Allmovie: p360080 TCM: 1602071 TV.com: people/ellen-page
Facebook: TheElliotPage Twitter: TheElliotPage Instagram: elliotpage BNE: XX1788949 Musicbrainz: 5ed18fd3-7ce8-479c-8079-d4160f86b158 Songkick: 3836566 Discogs: 1038611 Editar o valor en Wikidata

Elliot Page,[1] nado como Ellen Grace Philpotts-Page en Halifax, Nova Escocia o 21 de febreiro de 1987,[2][3] é un actor e produtor canadense. É coñecido polo seu papel no filme e serie de televisión Pit Pony (19972000), o cal lle valeu un Premio Young Artist, e polos seus papeis recorrentes en Trailer Park Boys (2002) e ReGenesis (2004). Page tamén obtivo recoñecemento polo seu papel no filme Hard Candy (2005), gañando o premio da Austin Film Critics Association á mellor actriz.

Page conseguiu recoñecemento internacional pola súa interpretación no filme de Jason Reitman Juno (2007), que lle valeron nomeamentos para os Premios Óscar, os BAFTA, os Critics' Choice Awards, os Globos de Ouro e os Screen Actors Guild Award. Tamén conseguiu eloxios polas súas interpretacións en The Tracey Fragments (2007), Whip It (2009), Super (2010), Orixe (2010) e Tallulah (2016). Page interpretou a Kitty Pryde nos filmes de X-Men The Last Stand (2006) e Days of Future Past (2014), produciu o flime Freeheld (2015), que tamén protagonizou, e fixo o seu debut como director no documental There's Something in the Water (2019). Dende 2019, interpreta a Vanya Hargreeves na serie de Netflix The Umbrella Academy.

Page anunciou publicamente que era homosexual en febreiro de 2014, e anunciou que era transxénero en decembro de 2020, xunto co seu novo nome, Elliot Page.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Elliot durante a presentación de Whip It no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2009.

É fillo de Denis Page (deseñador gráfico) e Martha Phillpotts (mestra). Asistiu ó "Halifax Grammar School" até o oitavo curso e posteriormente estivo varios anos no instituto "Queen Elizabeth High School" graduándose finalmente no "Shambhala School" en 2005. Pasou dous anos en Toronto, Ontario, estudando no programa interactivo de "Vaughan Road Academy" xunto co seu mellor amigo e tamén actor canadense Mark Rendall.

Page comezou a súa carreira co filme Pit pony (1997), á idade de dez anos, interpretando o papel de "Maggie McLean". Posteriormente, en 1999, realizouse a serie televisiva homónima. Grazas ó seu traballo nesta última entrou nos nomeamentos ós Premios Gemini como mellor interpretación de programa infantil.

Acadou notoriedade polo seu traballo no filme Hard Candy (2005), cuxo tema central é o abuso sexual, no papel de "Hayley Stark", unha adolescente de 14 anos lista e encantadora que coñece a un home de trinta e poucos anos con quen non "debería" estar.

Elliot Page sorprendeu a críticos e espectadores coa súa interpretación dun papel tan duro como o que tivo en Hard Candy, pero quizais sexa máis coñecido despois de traballar en X-Men: The Last Stand como "Kitty Pryde/Shadowcat", unha mutante capaz de atravesar calquera tipo de material.

No 2007 sorprendeu ós críticos novamente cunha faceta como actror completamente diferente co seu papel en Juno, unha rapaza de dezaseis anos cun embarazo non desexado. O filme valeulle a candidatura ó Globo de Ouro en 2008 na categoría de Mellor actriz de comedia ou musical e ó Oscar á mellor actriz. Juno conseguiu o Oscar ó mellor guión o 24 de febreiro de 2008.

O 1 de marzo de 2008 Elliot foi a convidado de Saturday Night Live e o 3 de maio de 2009 aparecía como estrela invitada no capítulo "Waverly Hills 9-0-2-1-D'oh" da serie animada The Simpsons, interpretando ó personaxe "Alaska Nebraska".

Participou no filme Orixe (2010) sendo nomeado ó Premio Saturn á mellor actriz e no filme de baixo presuposto Super. Foi un dos protagonistas do filme de Woody Allen To Rome with Love (2012) e do filme de Zal Batmanglij The East (2013). No filme X-Men: Days os Future Past (2014) fai o papel da mutante Kitty Pride[4]. O 14 de febreiro de 2014 fixo pública a súa orientación sexual nunha conferencia da organización Human Rights Campaign proclamando que estaba cansa de agachar o seu lesbianismo[5]

O 1 de decembro de 2020 anuncia nas redes sociais un comunicado declarando ser transxénero.

Page con Drew Barrymore na estrea do filme Whip It en setembro de 2009.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Papeis no cinema
Ano Título Papel Notas
2002 The Wet Season Jocelyn Curtametraxe
Marion Bridge Joanie
2003 Touch & Go Trish
Love That Boy Suzanna
2004 Wilby Wonderful Emily Anderson
2005 Hard Candy Hayley Stark
Mouth to Mouth Sherry
2006 X-Men: The Last Stand Kitty Pryde
2007 An American Crime Sylvia Likens
Juno Juno MacGuff
The Tracey Fragments Tracey Berkowitz
The Stone Angel Arlene Simmons
2008 Smart People Vanessa Wetherhold
2009 Vanishing of the Bees Narrador Documental
Whip It Bliss Cavendar / Babe Ruthless
2010 Peacock Maggie Bailey
Orixe Ariadne
Super Libby / Boltie
2012 To Rome with Love Monica
2013 The East Izzy
Touchy Feely Jenny
2014 X-Men: Days of Future Past Kitty Pryde
Tiny Detectives Detective Ellen Curtametraxe
2015 Into the Forest Nell Tamén produtor
Freeheld Stacie Andree Tamén produtor
2016 Tallulah Tallulah
Window Horses Kelly (voz)
My Life as a Zucchini Rosy (voz) Dobraxe en inglés
2017 My Days of Mercy Lucy Moro Tamén produtor
The Cured Abbie Tamén produtor
Flatliners Courtney Holmes
2019 There's Something in the Water El mesmo Documental; tamén director[6][7]
Sen data Naya Legend of the Golden Dolphin Dusky (voz) Posprodución
Sen data Robodog Izzy (voz) Posprodución

Televisión

[editar | editar a fonte]
Papeis na televisión
Ano Título Papel Notas
1997 Pit Pony Maggie Maclean Telefilme
1999–2000 Pit Pony Elenco principañ
2002 Trailer Park Boys Treena Lahey 5 episodios
Rideau Hall Helene Episodio: "Pilot"
2003 Homeless to Harvard: The Liz Murray Story Lisa de moza Telefilme
Going for Broke Jennifer Telefilme
Ghost Cat Natalie Merritt Telefilme
2004 I Downloaded a Ghost Stella Blackstone Telefilme
ReGenesis Lilith Sandström 8 episodios
2008 Saturday Night Live El mesmo (convidado) Episodio: "Ellen Page/Wilco"
2009 The Simpsons Alaska Nebraska (voz) Episodio: "Waverly Hills, 9-0-2-1-D'oh"
2011 Glenn Martin, DDS Robot Assistant (voz) Episodio: "Date with Destiny"
Tilda Carolyn Pilot
2012 Family Guy Lindsey (voz) Episodio: "Tom Tucker: The Man and His Dream"
2013 Out There Amber (voz) Episodio: "Ace's Wild"
2016–2017 Gaycation El mesmo Serie documental; tamén produtor executivo
2019–presente The Umbrella Academy Vanya Hargreeves Elenco principal
2019 Tales of the City Shawna Hawkins Elenco principal

Videoxogos

[editar | editar a fonte]
Papeis en videoxogos
Ano Título Papel Notas
2013 Beyond: Two Souls Jodie Holmes Tamén captura de movementos
Premios Oscar
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Oscar á mellor actriz Juno Nomeado
Premios Globo de Ouro
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Juno Nomeado
Premios BAFTA
Ano Categoría Filme Resultado
2007 BAFTA á mellor actriz Juno Nomeado
2007 Premio Orange a estrela emerxente Nomeado
Premios do Sindicato de Actores
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz protagonista Juno Nomeado
Premios Satellite
Ano Categoría Filme Resultado
2007 Mellor actriz- Comedia ou Musical Juno Gañador
Premios Independent Spirit Awards
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Independent Spirit Award á mellor actriz Juno Gañador
Premios MTV Movie
Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actriz Juno Gañador
2008 Mellor bico Nomeado
Premios Saturn
Ano Categoría Filme Resultado
2010 Premio Saturna á Mellor Actriz Orixe Pendente
  1. "Hi friends...". Twitter (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2020. Consultado o 2020-12-01. 
  2. Douglas, Clare (20 de febreiro de 2015). "Birthday girl Ellen Page's 10 best tweets". Hello Canada. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2015. 
  3. Biography.com (ed.). "Ellen Page: Film Actress (1987–)". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2015. 
  4. "X-Men: Days of Future Past' Cast: Ellen Page, Anna Paquin, Shawn Ashmore Added To Roster". Huffington Post. 26 de xaneiro de 2013
  5. Canadian actress Ellen Page comes out as gay: 'I'm tired of hiding. CBC News. 14 de febreiro de 2014
  6. Lang, Brent (8 de agosto de 2019). "Toronto Film Festival Unveils Documentary, Midnight, Discovery Lineups". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  7. "There's Something in the Water". Festival Internacional de Cinema de Toronto. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]