Deolinda
Deolinda é un grupo de música popular portuguesa (MPP), inspirado no fado e nas súas orixes tradicionais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O proxecto musical xurdiu en 2006, cando os irmáns Pedro da Silva Martins e Luís José Martins (ex-Bicho de 7 Cabeças) convidaron a súa curmá, Ana Bacalhau, entón vocalista dos Lupanar, para cantar catro cancións que escribiran. Entón, decatáronse de que a voz de Ana se adecuaba á perfección ás rimas e melodías que crearan, e convidaron tamén a José Pedro Leitão, contrabaixista dos Lupanar (actual marido de Ana Bacalhau), para se xuntar a eles tres, nacendo así os Deolinda.
O tema "Contado Ninguém Acredita" foi incluído na compilación Novos Talentos de 2007, lanzado por FNAC.
O 21 de abril de 2008 [1], lanzaron o primeiro disco, Canção ao Lado. Desde entón, a finais de outubro de 2008, chegaron á súa posición máis alta, o 3º lugar do Top Oficial da AFP,[2] a táboa semanal dos 30 álbums máis vendidos en Portugal.
En outubro de 2008 [3], o disco Canção ao Lado acadou o "disco de ouro". En decembro de 2008 [1], acadou o "disco de platino"[4] e durante o ano 2009, acadou o galardón de dobre-platino, correspondente á venda de máis de 40 mil unidades.[5]
O 2 de marzo de 2009, a editora World Connection lanzou o disco Canção ao Lado ao mercado europeo. En abril de 2009, entrou directamente no 8º lugar da táboa de vendas discográficas World Music Charts Europe[6] e en maio subiu ao 4º lugar desa mesma táboa.
En abril de 2009, o grupo iniciou a súa primeira xira europea. Actuaron en diversos países, entre eles os Países Baixos, Alemaña e Suíza, regresando a Portugal para diversos concertos en cidades como Porto, Braga e Barcelos.[Cómpre referencia]
O álbum Canção ao Lado ficou en 10º lugar nas preferencias dos ouvintes da radio Antena 3, nunha votación levada a cabo en abril de 2009, na cal se preguntaba cal sería o mellor álbum de música portuguesa editado entre 1994 e 2009, tendo como base unha lista de 100 álbums lanzados nese período.[7]
O 23 de abril de 2010 a banda estreou un novo álbum (Dois Selos e Um Carimbo) que tivo como single de presentación "Um Contra o Outro"[8]. Este álbum entrou directamente no nº 1 do top de vendas portugués e recibiu o galardón de platino en novembro de 2010.[9].
O tema "Parva que Sou", estreada nos catro concertos feitos nos Coliseos de Lisboa e Porto, en xaneiro de 2011, foi inmediatamente considerada un himno dunha xeración.[10] [11]
O 21 de novembro de 2011 estréase o seu primeiro DVD, Deolinda ao Vivo no Coliseu dos Recreios.
O 12 de maio de 2012, o diario británico The Times publica unha crítica ao concerto dos Deolinda en Londres onde os considera "unha das grandes bandas de Europa". [12]
O álbum Canção ao Lado é galardoado co cuádruplo disco de platin, correspondente a 80 000 unidades vendidas e o disco Dous Selos e Un Carimbo obtivo dous discos de platino (40 000 unidades) en novembro de 2012.
O 18 de marzo de 2013 lanzaron o terceiro álbum de orixinais Mundo Pequenino que na primeira semana de vendas se converteu en disco de ouro.[13]
En maio actúan nos coliseos de Lisboa e Porto , enchendo os recintos: "... caso raro que son os Deolinda: un grupo capaz de producir nos contextos máis intimistas e nos espazos máis amplos; un cuarteto suficientemente elástica e xeneroso para crecer ata as dez persoas en escenario sen perder a cara, unha banda, en fin, que nos gusta de ter por preto e que temos a sorte de chamar "nosa" ".[14]
O 25 de xullo de 2013 actuaron por primeira vez no Brasil, recibindo excelentes críticas da prensa brasileira.[15]
O blog brasileiro de música Pergunte ao Pop considerou o álbum "Mundo Pequenino" o mellor disco internacional de 2013 en decembro.[16]
En novembro de 2017 anunciaron un descanso indefinido.[17]
Membros
[editar | editar a fonte]- Ana Bacalhau (voz) (2006-actualidade)
- Luís José Martins (guitarra clásica, ukelele, cavaquiño, guitalele, viola braguesa e voz) (2006-actualidade)
- Pedro da Silva Martins (composición, letrista, guitarra clásica e voz) (2006-actualidade)
- José Pedro Leitão (contrabaixo e voz) (2006-actualidade)
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]- Canção ao Lado (2008) (CD, iPlay / World Connection)
- Dois Selos e Um Carimbo (2010) (EMI Music Portugal)
- Mundo Pequenino (2013)
- Outras Histórias (Universal Music / Sons em trânsito) (2016)
Álbum en directo
[editar | editar a fonte]- Deolinda ao Vivo no Coliseu dos Recreios (2011) (DVD, Sons em Trânsito)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Novos Talentos (2007) co tema "Contado Ninguém Acredita"
- Feitiço de Amor - Banda Sonora (2008) co tema "Fado Toninho"
- Fado Sempre! Ontem, Hoje e Amanhã! (2008) co tema "Fado Toninho"
- Elas, as Melhores Vozes Femininas Portuguesas (2009) co tema "Clandestino"
- Beginners Guide To Fado (2010) co tema "Clandestino"
- Remédio Santo - Banda Sonora (2011) co tema "Passou Por Mim e Sorriu"
- Sol de Inverno - Banda Sonora (2013) co tema "Seja Agora"
- Cave de Nuno Markl (2016) coa presentación do novo álbum "Outras Histórias"
Premios
[editar | editar a fonte]En 2009, venceron na categoría de "Mellor Revelación do Ano" da XIV Gala dos Globos de Ouro portugueses o día 17 de maio.
Na mesma gala tamén estaban nomeados na categoría de "Mellor Grupo" (como un dos catro mellores grupos portugueses con discos lanzados en 2008).
"Canção ao Lado", o primeiro álbum dos Deolinda, foi considerado polo Sunday Times o terceiro mellor disco do ano de World Music.
"Ana Bacalhau e os seus compañeiros mesturan o sentimento do fado coa sensibilidade do pop, cos ollos postos no cotián lisboeta. As cancións son belísimas", pode lerse na edición do 6 de decembro da publicación británica.
Os Deolinda saíron nomeados como unha das revelacións do ano na revista Songlines[18]
Gañaron o premio "Best Newcomer", atribuído pola prestixiosa revista inglesa Songlines, en abril de 2010.
Tamén en 2010, o seu segundo álbum, "Dois Selos e Um Carimbo" foi considerado un dos 10 mellores álbums de World Music, polo Sunday Times e o Miami Herald aconsellouno como unha das 10 mellores compras da música latina.
O seu concerto en Nova York recibiu unha crítica positiva no prestixioso Huffington Post.
En maio de 2011, gañaron o Globo de Ouro na categoría de mellor grupo.
En novembro de 2011, recibiron o Premio Amália Rodrigues na categoría de "Música Popular".
En marzo de 2013, foron distinguidos co premio José Afonso polo disco Dois Selos e Um Carimbo.[19]
En maio de 2014, gañaron o 3º Globo de Ouro da súa carreira, na categoría de mellor grupo.[20]
En novembro de 2014, a Revista Blitz, na celebración dos seus 30 anos, elixiu o disco Canção ao Lado o cuarto mellor dos últimos 30 anos da música portuguesa.[21]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Deolinda ao vivo no Chiado en 2010, presentando o álbum Dois Selos e Um Carimbo
-
Ana Bacalhau
-
Deolinda ao vivo en Oeiras (Portugal)
-
Pedro da Silva Martins no concerto de Deolinda, en Amsterdm
-
Luís José Martins e Zé Pedro Leitão no concerto de Deolinda, en Amsterdam
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Deolinda (Portugal) e Lura (Cabo Verde) entram directamente para Top20 da World Music Charts Europe Acesso a 12 de Junho de 2010
- ↑ Associação Fonográfica Portuguesa [1] Arquivado 2011-12-23 en Wayback Machine.
- ↑ Deolinda esgotam Aula Magna Arquivado 19 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Acesso em 12 de Junho de 2010
- ↑ Associação Fonográfica Portuguesa (2010). "Discos de Ouro e Platina". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2011. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ "Deolinda, Deolinda ao vivo, Os Deolinda ao vivo, Concertos". Musica ao Vivo, Artistas, Grupos Musicais, Bandas (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2018. Consultado o 05 de decembro de 2018.
- ↑ "Charts - World Music Charts Europe". www.wmce.de. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "Ant3na: O Melhor Álbum Nacional 1994-2009". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2011.
- ↑ Deolinda estreiam Dois Selos e Um Carimbo Acesso em 12 de Junho de 2010
- ↑ Novo disco dos Deolinda entra directamente para o primeiro lugar do Top Nacional de Vendas Arquivado 09 de xullo de 2010 en Wayback Machine. Acesso em 12 de Junho de 2010
- ↑ "Geração à Rasca" (en portugués). 2018-01-13.
- ↑ Welle (www.dw.com), Deutsche. "Trilha sonora da crise: Deolinda | DW | 26.02.2013". DW.COM (en portugués). Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "BLITZ – Deolinda são uma das "grandes bandas da Europa", diz jornal The Times". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "BLITZ – Deolinda: Mundo Pequenino é Disco de Ouro, álbum anterior recebe prémio José Afonso". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "BLITZ – Deolinda ao vivo no Coliseu dos Recreios, Lisboa [texto e fotogaleria]". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "BLITZ – Deolinda brilham no Brasil: veja aqui o que a imprensa disse do primeiro concerto". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "BLITZ – Deolinda e Samuel Úria em lista brasileira dos melhores discos de 2013". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "Deolinda anunciam pausa na carreira". newsletter.sonsemtransito.com. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "Deolinda nomeados por revista britânica" (en portugués). 22 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 8 de xullo de 2018.
- ↑ "Deolinda vencem prémio José Afonso". tvi24 (en portugués). 2013-03-19. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "Deolinda recebem terceiro Globo de Ouro da sua carreira". Caras. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "BLITZ – BLITZ 30 ANOS NAS BANCAS: UMA EDIÇÃO ESPECIAL PARA COLECIONAR". Jornal blitz (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deolinda |