Saltar ao contido

Deltaproteobacterias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Deltaproteobacteria»)

As deltaproteobacterias ou Deltaproteobacteria (tamén escrito delta-proteobacterias ou proteobacterias delta) é un grupo de bacterias gramnegativas que se considera unha clase do filo Proteobacteria.[1]

As Deltaproteobacteria comprenden unha póla de proteobacterias de xéneros predominantemente aerobios, como as Myxobacteria formadoras de corpos frutíferos, que liberan mixoesporas cando están en ambientes desfavorables, e outra póla de xéneros estritamente anaerobios, que contén a maioría das bacterias redutoras de sulfato (Desulfovibrio, Desulfobacter, Desulfococcus, Desulfonema etc.) e as redutoras de xofre (por exemplo, Desulfuromonas spp.), xunto con outras bacterias anaerobias de diferente metabolismo (como as redutoras de ferro Geobacter spp. e as sintróficas[2] Pelobacter e Syntrophus spp.).

Recentemente, identificouse unha deltaproteobacteria patóxena intracelular, Lawsonia intracellularis.[3]

Filoxenia

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

O cladograma mostra a taxonomía aceptada actualmente baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e nas bases de datos taxonómicas do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia baseada en datos do ARNr 16S da LTP 106 do proxecto The All-Species Living Tree [6]

?Algidimarina propionicaKendall et al. 2005

?Candidatus Entotheonella palauensis' Haygood et al. 1999

?Candidatus Magnetoglobus multicellularis' Abreu et al. 2007

?Deferrisoma caminiSlobodkina et al. 2011

?Desulfocaldus terraneusThevenieau et al. 2004

?Desulfostipes sapovoransMyhr et al. 2000

?Spirobacillus cienkowskiiMetchnikoff 1889

Desulfurellaceae

Desulfovibrionales

Myxococcales (bacterias escorregantes frutificantes)

Desulfuromonadales

Bdellovibrionales

Syntrophobacterales [incl. Desulfobacterium anilini & Desulfarculus baarsii]

Desulfobacterales

Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non na LSPN.
♣ O International Journal of Systematic Bacteriology ou o International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM) publicaron especies que están en prensa.

  1. "www.ncbi.nlm.nih.gov". Consultado o 29 xuño 2012. 
  2. a sintrofía é o proceso por medio do cal dous ou máis microorganismos cooperan na degradación dunha substancia que non poden degradar por si sós.
  3. Schmitz-Esser S, Haferkamp I, Knab S; et al. (2008). "Lawsonia intracellularis contains a gene encoding a functional rickettsia-like ATP/ADP translocase for host exploitation". J. Bacteriol. 190 (17): 5746–52. PMC 2519521. PMID 18606736. doi:10.1128/JB.00391-08. 
  4. J.P. Euzéby. "Deltaproteobacteria". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 29 xuño 2012. 
  5. Sayers; et al. "Deltaproteobacteria". National Center for Biotechnology Information (NCBI) taxonomy database. Consultado o 29 xuño 2012. 
  6. 'The All-Species Living Tree' Project."16S rRNA-based LTP release 106 (full tree)" (PDF). Silva Comprehensive Ribosomal RNA Database. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2012. Consultado o 29 xuño 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • MeshName - Deltaproteobacteria [1]