Saltar ao contido

Curcumina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Curcumina
fórmula esquelética

Forma enol
fórmula esquelética

Forma ceto
Modelo de bólas
Modelo de bólas
Identificadores
Número CAS 458-37-7
PubChem 969516
ChemSpider 839564
UNII IT942ZTH98
ChEBI CHEBI:3962
ChEMBL CHEMBL116438
Ligando IUPHAR 7000
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C21H20O6
Masa molar 368,38 g mol−1
Aspecto po de cor laranxa amarelado
Punto de fusión 183 °C; 361 °F; 456 K

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A curcumina é un colorante natural empregado como aditivo alimentario.

Características

[editar | editar a fonte]

Ten unha cor entre amarela e laranxa e un sabor un chisco amargo. Extraese da raíz da cúrcuma, unha planta da familia do xenxibre que procede da India. Pode producirse tamén de forma sintética. O seu consumo considérase inofensivo para o ser humano.

Empregase na elaboración industrial de manteigas, margarinas, queixos, iogures, crema de ovo, flans, salsas, mostazas, xelatinas, tés, fideos, marmeladas, xeados e repostería en xeral[1].

Parece demostrado que a curcumina intervén en efectos antiinflamatorios do organismo e ten aplicación no tratamento de procesos crónicos, neoplásicos, autoinmunes, neurolóxicos, cardiovasculares, pulmonares e metabólicos. Está demostrado que a curcumina é citotóxica para unha gran variedade de linas celulares tumorais de diferente orixe tisular, a pesar de que esta toxicidade é moi pequena.[2]

Outras denominacións

[editar | editar a fonte]

Coñécese tamén como extracto de cúrcuma, amarelo cúrcuma, diferuloil metano ou CI Natural Yellow 3. Tamén se distingue polo código E-100.

  1. Descrición na páxina web www.aditivos-alimentarios.com (en castelán).
  2. Figueruelo Arnáiz, Víctor: "La Curcumina y sus funciones" Universidad de Valladolid. 2014 (en castelán).